Foz, 21 de novembro de 2014.- O goberno local de Foz logrou deixar a cero a débeda bancaria do Concello e ademais os provedores poderán cobrar as facturas que teñen pendentes. Destacouno este venres o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, quen tamén salientou que o pleno da corporación municipal aprobou as subvencións para o asilo e a asociación de discapacitados local e tamén a rebaixa no Imposto de Bens Inmobles (IBI).
“Dende o goberno do Concello de Foz estamos moi contentos co resultado do pleno extraordinario urxente de onte, do que se van sacar conclusións moi importantes para a economía do noso concello. Principalmente o Concello de Foz asume o pago da débeda bancaria que quedaba, cerca de 260.000 euros, e vaina pagar agora, no ano 2014, co cal o Concello de Foz quedará a cero de débeda cos bancos, algo que é moi importante sobre todo para iniciar unha nova lexislatura sen ningún tipo de atadura económica nese sentido”, explicou o rexedor municipal.
Javier Castiñeira engadiu que “con respecto aos provedores tamén hai unha moi boa nova, porque os que durante este ano se estaban vendo afectados porque o pleno da corporación non aprobaba as súas facturas do recoñecemento extraxudicial neste último intento agora conseguimos que, coa abstención de todos os grupos da oposición menos o concelleiro independente Xaime Cancio, que novamente votou en contra do pago desas facturas, logramos que estes provedores poidan cobrar neste ano por todos eses traballos que realizaron con todas as da lei. Polo tanto tamén é unha moi boa nova porque con todo isto os provedores van poder cobrar”.
O alcalde tamén resaltou que no pleno deste xoves “aprobouse unha subvención importante para o asilo, de 25.000 euros, que cos 12.000 que vai aportar a Xunta e outros tantos a Deputación fan 50.000 euros, que corrixen este exercicio e permiten que o asilo de Foz siga funcionando. E levouse tamén unha subvención importante para a asociación de discapacitados Virxe do Carme, de Foz, de 7.000 euros, que tamén se aprobou e é importante para o funcionamento deste colectivo”.
Castiñeira destacou que “todo isto fíxose con cargo ao remanente e grazas á xestión do goberno local do Partido Popular, que dende o inicio deste mandato empezou a xerar remanente en positivo, pasou practicamente de remanente negativo a ter 1.300.000 euros en tesourería e polo tanto iso permite facer fronte aos créditos bancarios, aos pagos aos a provedores e incluso dar unhas subvencións importantes a asociacións de Foz. Polo tanto estamos moi contentos e quero agradecer a todos aqueles compañeiros da corporación que o fixeron posible; e a aqueles que se seguen negando ante a evidencia dicirlles que se están encerrando en si mesmos e que esa actitude non é o que necesita o pobo”.
Ademais, no pleno deste xoves, que “foi importante para a economía local, decidiuse que para o ano que ven haxa unha rebaixa no IBI. Actualmente estábase aplicando o coeficiente do 0,66 para o pago da contribución e vai pasar ao 0,60. É unha rebaixa que compensa as subidas dos valores catastrais e a suba establecida por lei polo Ministerio de Hacienda. Polo tanto tamén é unha boa nova para os veciños de Foz, que con todo o seu esforzo están conseguindo que a economía local a finais deste ano sexa envexada, libre de cargas cos bancos, saneada; e, dende logo, iso débese ao esforzo de todos os focenses”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



