Burela, 21 de novembro de 2014.- Burela celebra a Semana Europea da Prevención de Residuos, que terá lugar do 24 ao 30 de novembro. A Concellería de Mar e Medio Ambiente organiza unha serie de actividades articuladas en torno ás tres R´s medio ambientais: redución de lixo, reutilización de produtos e reciclaxe de materiais. Os actos comezarán o luns 24 coa celebración dunha mesa informativa no supermercado Eroski. Xa o martes, esa mesma mesa repetirase no supermercado Froiz e o mércores os alumnos do Ceip Virxe do Carme participarán na proxección dun vídeo sobre compostaxe. O xoves, día 27, varios técnicos de Sogama ofrecerán un coloquio sobre esta mesma materia no Salón de Conferencias da Antiga Biblioteca. E para rematar, o venres, día 28, os alumnos do Ceip Vista Alegre participarán na actividade A compostaxe chega aos alumnos.
Dende a Concellería de Medio Ambiente de Burela informan que a Semana Europea da Prevención é un proxecto que se organiza co obxectivo básico de sensibilizar e conseguir a gradual redución das inxentes cantidades de residuos que se producen no conxunto da Unión Europea. Esta celebración busca a realización de accións que aborden dende a concepción do produto, ata a súa reutilización e sensibilización para reducir o exceso de lixo.
Para colaborar con esta campaña a Concellería de Medio Ambiente de Burela organiza un programa de actos que comezará o vindeiro luns, 24 de novembro, coa celebración da mesa informativa Diminución dos residuos e a caducidade dos produtos. Este acto levarase a cabo entre as 10 e as 13 horas no supermercado Eroski, e nel intervirán dúas monitoras do Centro Gaia como conferenciantes. Esta mesma mesa repetirase o martes 25 no supermercado Froiz no mesmo horario e coas mesmas poñentes. Xa o mércores 26, os actos pasan a estar enfocados á concienciación dos máis pequenos coa posta en marcha da actividade A compostaxe chega aos alumnos. Nela, varias monitoras de Gaia explicarán aos alumnos de 3º e 4º curso do Ceip Virxe do Carme e aos usuarios da Fundación Eu Son, a través da visualización dun documental sobre compostaxe, en que consiste esta técnica de reciclaxe e cales son os seus beneficios. Esta mesma actividade repetirase xa o venres 28 no Ceip Vista Alegre, entre os alumnos de 1º e 2º curso de primaria. Entre tanto, o xoves 27, haberá unha charla coloquio ás 19 horas no Salón de Conferencias da Antiga Biblioteca de Burela. A actividade estará aberta a tódolos públicos e contará coa presenza de varios técnicos de Sogama, que acudirán ao municipio para explicar en que consiste o programa de compostaxe promovido por Sogama, en colaboración co Concello de Burela, no que xa participan a día de hoxe un total de 54 familias.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



