Lugo 25 de novembro de 2014.- A voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou este martes no debate dos orzamentos da administración lucense os recortes que presentan as contas para o ano 2015.
En concreto, a popular asegurou que os recortes dende que José Ramón Gómez Besteiro accedeu ao goberno “asustan, dado a diminución de fondos nas partidas máis importantes para a provincia”.
Así, Candia referiu especificamente a un recorte do 61% en investimentos reais (investimento que se pode sustentar en obras e infraestruturas) dende o ano 2008 ao pasar de 40,69 millóns de euros a 15,8 millóns. De cada 100 euros, en 2008, 34 ían para investimentos: mentres que en 2015, de cada 100 euros, só 17 van para investimentos. De igual maneira, entre o ano 2008 e 2009 deuse un recorte do 38% en transferencias de capital, pasando de 10,7 millóns a 6,6 millóns en 2015.
Así mesmo, se a comparativa se realiza entre 2014 e 2015, podemos falar de diminucións en transferencias correntes en 93.000 euros en áreas como protección e mellora do medio ambiente e turismo en 94.000 euros; tamén recortes en programas como igualdade, mocidade, desenvolvemento empresarial, no Museo do Mar… Mentres, partidas como propaganda siguen a superar o millón de euros ou incrementan os fondos para conferencias, cursos e reunións.
Orzamentos 2015: máis propaganda e promesas e menos feitos
A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, demostrou con datos que a administración provincial desoeu aos veciños nos orzamentos de 2015, ao non incrementar considerablemente as partidas que, segundo manifestan dende a Deputación, priorizaron os veciños: emprego, infraestruturas e servizos sociais.
“Estamos ante os orzamentos da propaganda e das promesas, pero non dos feitos”, explicou Candia, quen lembrou que a Deputación Provincial de Lugo gastou en torno a 130.000 euros para elaborar uns orzamentos participativos que “son unha farsa”.
A partida de infraestruturas no ano 2015 (Estradas, POS e Infraestruturas de Interese Veciñal) suma 11,5 millóns; pero xa no 2008 (cando non era unha petición dos veciños), só en investimentos reais, o programa de Estradas e Camiños orzamentaba 22,25 millóns. “Estamos a falar dun recorte do 48,20% en infraestruturas dende 2008”. A maiores, “consideran vostedes priorizadas as peticións dos veciños cando nos orzamentos do 2014 un 11,9% do total dirixiuse a infraestruturas e este ano dirixise un 12,8%?. En que cambiaron os orzamentos?”.
A mesma situación se dá na partida de fomento do emprego. “Destinou o ano pasado un 7,3% do orzamento a fomento do emprego e este ano destina un 7,7%, pero a maiores, se miramos cara o ano 2010, -modificación orzamentaria en decembro de 2010-, que interesaba o emprego de novo por motivos electorais, o investimento foi de 8,6 millóns e este ano de 6,9 millóns de euros”.
De igual maneira, a mesma situación se repite en servizos sociais e promoción social, o ascenso só foi de 3,1 millóns (2014) a 3,3 millóns (2015), contabilizando as modificacións orzamentarias.
Partidismo
Os orzamentos da Deputación volven a ser partidistas, así en subvencións nominativas reparten 265.500 euros, dos que 223.500, é dicir, un 84,2% son para concellos do PSOE e do BNG, e 42.000 euros (15,8%) para os do PP.























A organización, a cargo da Asociación R.C.M. Amigos de Monte Castelo, abrirá a venda de parcelas os días 21 e 22, en horario de 18:30 a 20:30, primeiro para confirmar as reservas do ano anterior e despois para repartir as libres. O venres terá lugar a misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:00 e, xa pola noite, a actuación do grupo Pekados e o DJ Balbi. O sábado comezará coa sesión vermú a cargo de SP The Sound Project, seguida do concurso de disfraces, xogos infantís, tardeo con DJ Pepu, bingo musical con Marisa Prisa e unha verbena con Pantera Rosa e Gin Toni’s. O domingo celebrarase a misa e procesión en honra á Nosa Señora das Marabillas ás 13:00, e a sesión vermú correrá a cargo do dúo Épok. A romaría conta coa colaboración do Concello de Burela, ABSA e Ledicia, ademais de numerosos establecementos locais.
As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



