O Concello de Xove, a través da Concellería de Igualdade, organizou unha serie de actos reivindicativos para conmemorar o do Día Contra a Violencia de Xénero:
– Na Escola Infantil: está exposto o MURAL “DÍA DA INFANCIA E DA NON VIOLENCIA”, no que os pais e nais colaboraron activamente axudando ás súas crianzas a decorar os pitiños e pitiñas do mural.
– Na OMIX: durante o día de hoxe estase a facer entrega aos rapaces e rapazas dun VIOLENTÓMETRO MARCA PÁXINAS E DA ENQUISA “O SEMÁFORO DA VIOLENCIA”, para detectar posibles condutas machistas ou situacións de violencia de xénero.
– Na fachada principal da Casa do Concello está colgado un LAZO MORADO REIVINDICATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, para sensibiliar aos nosos veciños e veciñas sobre a importancia de erradicar esta lacra social.