Burela, a 24 de novembro de 2014.- A Xunta Directiva do Partido Popular de Burela asegurou hoxe, en relación á demanda do BNG de Burela e Cervo sobre a limpeza do encoro de Rúa, que “foi o bipartito Touriño-Quintana, sendo Pachi Vázquez conselleiro de Medio Ambiente, quen eliminou dun plumazo a limpeza do encoro de Rúa do proxecto de abastecemento de auga a Cervo e Burela, co silencio cómplice dos nacionalistas e dos socialistas nos dous concellos”.
Os populares bureleses lembran que “o proxecto de abastecemento ós dous concellos quedou redactado, aprobado e con consignación presupostaria polo derradeiro goberno de D. Manuel Fraga na Xunta; e foi o bipartito quen demorou o proceso de licitación e adxudicación da obra, coa disculpa de que había que millorar o proxecto. Pero non milloraron nada, e por riba mutilaron parte do proxecto, xa que eliminaron a parte técnica e a súa correspondente dotación económica referida á limpeza do encoro de Rúa”.
“Compre lembrar, afirman desde o PP de Burela, que os nacionalistas gobernaban na Xunta e no concello de Burela, e tiñan tamén representación no concello de Cervo, e en vez de decir algo ó respecto calaron a boca”.
“Polo tanto, continúan, demandamos do BNG “toda a seriedade que sexa precisa sobre este asunto e cero demagoxia ó respecto: tiveron tempo no seu momento da expresar a súa opinión públicamente ó respecto, e a demandar dos seus compañeiros na Xunta o que agora solicitan”.
Desde o PP de Burela afirman que “en todo caso, a día de hoxe, o subministro de auga ós dous concellos está garantido, e cabe pensar que, na situación económica actual, non é nada lóxico proceder á limpeza do encoro de Rúa, dado que a súa amortización sería mui elevada e excesivamente prolongada no tempo”.
Finalmente, desde o PP burelés afirman que os datos que se teñen dado desde o Concello de Cervo son “certos, e que o BNG o único que pretende é, chegados os presupostos da Xunta, facer que fan cando ó longo do ano nada fixeron e no que respecta a Burela si brilan é precisamente pola súa total ausencia de propostas e demostrar capacidade de alternativa”.