Unha vez máis este Goberno pon de manifesto a falta de escrúpulos e sensibilidade ante a situación que están a pasar os nosos veciños, solicitando unha suba do Imposto de Bens Inmobles. Isto é un claro exemplo de que a prioridade para este Equipo de Goberno é maximizar e potenciar as ferramentas das que dispón para engrosar as arcas municipais deixando de lado o benestar social dunha poboación cunha alta taxa de paro, abocándoos máis a un risco de exclusión social.
En representación dos catro Concelleiros Independentes, Ramón Sixto refírese á revisión catastral que este Goberno solicitou e que vai supoñer unha suba importante no IBI ata en algúns casos dun 500%.
Queremos facer saber que coa nova revisión catastral unha bolsa importante de solo rústico, pasaría a tributar como solo urbano, como si o novo Plan Xeral estivese aprobado definitivamente.
Xa que o dano que supón a revisión catastral a tódolos veciños xa esta feito, estes catro Concelleiros presentamos unha moción para o seu debate no pleno deste mes onde propoñemos a rebaixa do tipo de gravame do 0,66% actual ó 56% , xa que co aumento no padrón do catastro a consecuencia desta revisión, a recadación anual deste imposto vai a ser moi superior sen necesidade desta suba tan considerable.
Por todo isto creemos que como medida cautelar non se debería solicitar esta nova revisión catastral tal e como viñeron facendo os anteriores gobernos, ata que o Plan Xeral estivese aprobado definitivamente.
Entendemos tamén que a tan só uns meses de rematar esta lexislatura non se debería levar a cabo este tipo de actuacións, xa que está a comprometer ao futuro goberno que salga lexitimado nas próximas eleccións municipais.
Solicitaremos tamén ao Equipo de Goberno que se lles día a oportunidade a tódolos veciños que o soliciten de poder efectuar o pago fraccionado,séndolles máis desafogado e incluso verse na obriga de non poder facer fronte dun solo pago e o que é peor, ter que pagalo con recargo.
Manobras coma esta son un atentado contra a posibilidade de recuperación económica das nosas xentes.”Oxalá empregasen as mesmas enerxías en potenciar e estruturar camiños para o desenrolo social e económico da nosa vila”.
Xa estamos cansos de tantos contos e historias, queremos feitos dunha vez por todas, e os únicos que debemos e temos competencia en solucionar este tipo de problemas somos a Corporación Municipal, sendo no Pleno onde se deben aprobar este tipo de acordos.