Ribadeo, 15 de novembro de 2014. Un grupo de percebeiros e percebeiras de Rinlo ofrecerán unha visita guiada a este porto ribadense o vindeiro sábado, 22 de novembro a partir das doce do mediodía. A saída partirá da ponte de Rinlo e poderán participar como máximo 15 persoas. Os interesados en asistir deberán poñerse en contacto coa oficina de turismo de Ribadeo no seguinte número de teléfono: 982 128 689.
Segundo explican desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo “durante a visita teremos a oportunidade de coñecer Rinlo visto polos ollos destes profesionais do mar. Trátase dunha ruta realizada de maneira participada, é dicir foron os propios percebeiros e percebeiras os que escolleron o percorrido e contidos da mesma, e pretenden amosarnos a riqueza patrimonial e ambiental de Rinlo, o seu traballo como percebeiros/as, así como a vida e a importancia do mar neste pequeno porto. O percorrido será guiado por eles mesmos e terá unha duración aproximada dunha hora”.
Dous días antes desta cita serán os nenos e nenas do IES de Ribadeo Gamallo Fierros os que terán a oportunidade de profundizar na historia de Rinlo da man destes percebeiros/as.
Estas dúas visitas guiadas serán experiencias piloto, aínda que teñen a intención de facerse realidade nun futuro moi próximo. Este proxecto está promovido pola Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo de Ribadeo e conta coa participación de Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, “e ten como obxectivo formar aos percebeiros e percebeiras como informadores turísticos de Rinlo, diversificar e complementar a súa economía familiar”.
Esta iniciativa está en consonancia cos outros proxectos nos que a Concellaría de Desenvolvemento Local e Turismo está a traballar “e que teñen coma intención ofertar diferentes produtos atractivos, dar a coñecer a riqueza do litoral de Ribadeo, a valorización dos recursos patrimoniais e dinamización socioeconómica do noso territorio desde unha perspectiva sostible. Este proxecto quere ser un paso máis na xestión do turismo en Ribadeo, buscando novas ofertas que diversifiquen a fluxo de persoas, especialmente as que ano tras ano se achegan á praia das Catedrais”.
























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



