O Ribadeo saíu vitorioso dun encontro na casa do Cultural Areas onde sufriron polos tres puntos que lles permitirán dormir nos postos da fase de ascenso.
Miguel era o responsable do primeiro tanto para os celestes tras unha xogada na que deixaba atrás ó seu marcador e batía ó porteiro local. Para o Areas marcaría Félix de penalti pouco antes do descanso. Xa na segunda metada Santi poñía o definitivo 1-2 no marcador.
Os de Germán Campos e Manolo Vilachá suman, así, dúas vitorias consecutivas tras gañar catro dos últimos cinco partidos que os consoloda coma o equipo máis en forma da categoría xunto ó lider, o Choco.