Ribadeo, 13 de novembro de 2014. Do 16 ao 29 de novembro celebraranse en Ribadeo diversos actos para conmemorar o día internacional da loita contra a violencia de xénero. Haberá teatro nos escaparates de catro comercios, conferencias e dúas performance. As actividades foron presentadas esta tarde nunha rolda de prensa que se celebrou no salón de plenos do Concello.
A programación, organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo, conta coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo e coa participación dos centros de ensino da vila, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa), co Grupo de Teatro de Ribadeo e coa Escola Municipal de Música e Danza.
O vindeiro domingo, 16 de novembro, desenvolverase o Escaparate de xénero. O grupo de teatro Chévere levará aos escaparates de catro tendas: Tu & Tu, La Moda Sport, Anais e Petite Toe, catro sketchs “cos que pretendemos concienciar, facer reaccionar e facer partícipe á poboación a través de diferentes visualizacións relacionadas coa violencia de xénero”, explicou esta tarde Mariluz Álvarez Lastra, concelleira de Igualdade. Os horarios das representacións terán lugar entre as 12 e as 13.30 horas.
Xa o 20 de novembro ás 18:00 horas na sala Sonda Norte da Casa da Xuventude, Goreti Sanmartín, que é profesora da UDC, falará da Linguaxe non sexista, “unha conferencia aberta a todo o público en xeral, pero destinada sobre todo aos medios de comunicación, Concellos, xulgados, traballadores e traballadoras das diferentes administracións que se ven na obriga de redactar escritos ou que teñen que informar sobre a violencia de xénero”, seguiu a relatar a edil nacionalista.
O 25 de novembro haberá outra charla ás seis da tarde na Casa da Xuventude sobre Coeducación. Como combater o sexismo desde os centros educativos, que impartirá Branca Nazaré Guerreiro, orientadora do CPI López Suárez de Friol. Ademais ese día pola mañá no Cantón dos Moreno ás 12, se o tempo o permite, senón a actividade trasladaríase ao pavillón, arredor de 250 alumnos e alumnas dos CEIP Gregrorio Sanz e Sagrado Corazón, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros e do CIFP Porta da Auga protagonizarán a performance FormandoNÓS contra o machismo. Álvarez Lastra explicou que “as rapazas e os rapaces se dispoñerán de maneira que tanto o slogan coma o logo que levarán nas súas camisetas queden representados pola súa figura no chan. Ademais cada centro lerá un manifesto, unha carta ou realizará a actuación que considere oportuna en relación coa loita contra a violencia de xénero”.
O Concello ribadense, ao igual que os de Mondoñedo e Viveiro, súmase á campaña que desenvolverá o Observatorio da Mariña pola Igualdade o vindeiro 29 de novembro. Ese día ás 17:30 horas na praza 8 de marzo haberá outra performance Non son cifras, son mulleres. “Este acto estará dedicado a todas as mulleres que faleceron vítimas da violencia de xénero durante este ano, que foi especialmente tráxico na Mariña. Nesta actividade participarán a Escola Municipal de Música e Danza e o Grupo de Teatro de Ribadeo. Para esta representación é necesaria a colaboración das mulleres, polo que calquera que estea interesada en participar pode anotarse poñéndose en contacto co teléfono do CIM: 982 120 739”. Esa tarde tamén se dará lectura a un manifesto.
Mariluz Álvarez Lastra convida “á cidadanía a participar en todas estas actividades e agradece a colaboración de todas as asociacións, de todos os centros de ensino e da Mesa Institucional e todos os colectivos que se darán cita nesta programación”.



















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



