Lugo, 23 de decembro de 2014. O vicepresidente e responsable de Benestar e Deporte da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, vén de asinar un convenio de colaboración coa Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón por valor de 24.000 euros. Esta axuda, de carácter excepcional, servirá para sufragar un ano máis parte dos gastos derivados da promoción polos centros escolares da provincia de Lugo que fai esta federación das dúas modalidades deportivas que abrangue. No acto de sinatura participou o novo máximo mandatario desta federación, Óscar José Surís Regueiro, que veu acompañado de varios membros da xunta directiva que preside.
O responsable de Deportes, Antonio Veiga, valorou a importancia da continuidade deste convenio de colaboración cunha das federacións cuxos deportistas mellor representan ao país. “Galiza é unha potencia mundial no mundo do triatlón e en Lugo, tanto o triatlón como o pentatlón moderno, gozan dunha ampla implantación e ano tras anos véñennos dando alegrías a todos os lucenses, ademais de conseguir que moitos rapaces e rapazas se acheguen a facer deporte, un dos obxectivos primordiais que sempre nos marcamos dende a Área de Benestar Social e Deporte”, indicou Veiga.
Esta colaboración é unha das máis que mantén nos últimos anos á Área de Deporte do organismo provincial con federacións deportivas galegas, “co fin de apoiar economicamente iniciativas de promoción do deporte dende a base, facendo especial fincapé naquelas modalidades que se cadra se consideran minoritarias pola súa repercusión mediática, pero que, non obstante, en Lugo ou Galiza contan con número notable de practicantes”, explicou o vicepresidente provincial.
Durante os últimos meses, a Federación Galega de Pentatlón Moderno e Triatlón centrou o seu traballo nos colexios dos concellos de Lugo, Meira, Abadín, Mondoñedo, Lourenzá, A Pastoriza, Viveiro e O Vicedo. Alí desprazaron ao seu persoal e o material deportivo necesario para que os estudantes, de distintas idades, puidesen coñecer máis de preto os dous deportes, así como as súas diferentes modalidades (biatlón, acuatlón, etc.). Esta federación, aproveitando a experiencia dos anos previos, deu un salto de calidade importante para achegar mellores seus deportes a todos os rapaces e rapazas da provincia.
Tres obxectivos fundamentais
Este traballo de campo levado a cabo por técnicos desta federación busca tres obxectivos principais. Por unha banda promocionar estes dous deportes olímpicos (triatlón e pentatlón moderno), aumentar o número de licencias federativas nas escolas de triatlón e pentatlón moderno da provincia que participen nas probas que se disputen a nivel autonómico e en todo o Estado e continuar inculcando aos rapaces o deporte como sinónimo de benestar, solidariedade e saúde.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
