O Consello da Xunta aprobou este venres a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC), coa categoría de monumento, da Fábrica de Cerámica de Sargadelos ligada ao Laboratorio de Formas, en Cervo (Lugo); complexo ideado por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane símbolo do proxecto industrial, cultural, social e de identidade galega que se erixiu arredor dos traballos desenvolvidos no Laboratorio de Formas.
A aprobación deste decreto realízase unha vez a delimitación do monumento e do seu ámbito de protección foi sometida a exposición pública e oídas as recomendacións da Real Academia Galega de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario e ao Consello da Cultura Galega, e atendidas as alegacións referidas ao contorno de protección.
Con esta declaración como BIC a Xunta contribúe a distinguir a singularidade e poñer en valor un ben industrial cunha gran significación arquitectónica, artística, científica, técnica e cultural, un conxunto sobranceiro e único en Galicia; ao mesmo tempo que se favorece a súa conservación a través da máxima protección legal.
Elementos arquitectónicos relevantes
A delimitación do complexo que establece a declaración como BIC inclúe o edificio circular de Andrés Fernandez-Albalat Lois, a vivenda de Isaac Díaz Pardo, o Auditorio e Departamento de Arte e Comunicación, a Escola de Tecnoloxía e Laboratorios, a marquesiña ondulada de formigón do aparcamento, torres e pasarelas metálicas que comunican os edificios, o zócalo de pedra da ampliación da fábrica cos seus murais e esculturas de Isaac, o depósito de auga-miradoiro, o pequeno edificio de tratamento de minerais, dous fornos experimentais e a Pía do Xunco co mosaico de Luís Seoane. Todos eles, a excepción do edificio circular, foron concibidos e deseñados por Isaac Díaz Pardo.
Así mesmo o decreto de declaración BIC inclúe unha serie de pertenzas, accesorios e bens mobles e documentais vinculados especialmente ao conxunto que quedan tamén baixo protección, entre outros os mosaicos de Luís Seoane no comedor do edificio circular, a ‘Táboa dos Irmandiños’ – serie de portas de madeira con debuxos xeométricos inspirados no mundo celta deseñadas tamén por este intelectual-, os mobles deseñados por Díaz Pardo para o devandito edificio, e mesmo o sistema de sinalización, obra de Isaac Díaz Pardo que abrangue tanto sinais direccionais ou identificativos de zonas ou actividades, como pictogramas dos aseos ou carteis didácticos dirixidos ao persoal da fábrica indicando a forma correcta de desenvolver o traballo, que se estende a todos os edificios e espazos exteriores.
Un froito do Laboratorio de Formas
O conxunto de Sargadelos nace da vontade de Díaz Pardo e Seoane de crear un lugar emblemático e pioneiro da creación artística e do rexurdir cultural de Galicia, preto do que foi o antigo complexo das fábricas de siderurxia e cerámica dos séculos XVIII e XIX de Sargadelos creado por Antonio Raimundo Ibáñez cuxo pensamento ilustrado inspirou a Díaz Pardo. O conxunto de edificios construído entre 1968 e a década dos anos setenta do século XX, sitúase no lugar chamado O Rato, na parroquia de Sargadelos no concello lugués de Cervo.
A Fábrica de Cerámica de Sargadelos é un exemplo singular e único de industria na que o proceso de produción era parte dun ambicioso proxecto de rexeneración cultural e social de Galicia, no que o Laboratorio de Formas e as actividades culturais e de investigación derivadas del e da fábrica, conformaron unha realidade sobranceira da vangarda galega.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



