Lugo 12 de decembro de 2014.- Logo das declaracións verquidas polo Secretario Xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, o presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, achacou estas verbas ao seu nerviosismo por perder o sillón.
Barreiro lamenta que Gómez Besteiro non aproveite a súa incontinencia dialéctica para explicar as circunstancias que motivaron o rexistro xudicial da Deputación de Lugo; algo que demandan os cidadáns e que preguntou o grupo provincial popular e non aclarou.
En relación á preocupación de Besteiro polo candidato do PP á Deputación de Lugo, José Manuel Barreiro lémbralle ao socialista que o Partido Popular conta cos mecanismos moi claros que recollen os estatutos e insiste en que ten numerosas persoas moi capacitadas tanto para presidir o Ente como para asumir calquera outra responsabilidade.
O líder dos populares lucenses manifestou que visto que Besteiro está moi preocupado polo candidato ou candidata popular, sería importante que clarificase se vai a ser el o candidato do PSOE á Deputación de Lugo.
Barreiro está convencido de que os lucenses confiarán no PP para volver a gañar as eleccións, coa maioría suficiente para presidir o Ente Provincial e estar ao servizo de tódolos lucenses; “a diferenza de Gómez Besteiro, quen a utiliza, única e exclusivamente, en beneficio persoal”- alertou.
O presidente provincial lémbralle a Besteiro que nunca gañou unhas eleccións e que non debe esquecer que se goberna é por un pacto entre perdedores (PSOE e BNG) quenes xuntos teñen 3.200 votos menos que o PP.
Conclúe Barreiro afirmando que cando Besteiro fala de conflitos estase a referir á situación que vive no seu partido, que leva desunido desde o batacazo electoral das Eleccións Autonómicas de 2009 e que se ampliou coa súa chegada á Secretaría Xeral (crisis no Goberno de Ourense, no grupo municipal de Ferrol, Valadouro, Foz…).



















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



