Lugo, 22 de decembro de 2014.- O voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro destacou este luns o avance de España con respecto a fai tres anos e asegurou que esta evolución débese á chegada de Mariano Rajoy ao Goberno Central e ao esforzo dos españois.
Nunha rolda de prensa ofrecida para facer un balance anual de política nacional, José Manuel Barreiro afirmou que o ano que remata pasará a historia como o ano do progreso e augurou un 2015 de recuperación económica, de máis emprego, de máis política social e de máis futuro; unha evolución positiva, dixo, froito das reformas acometidas por Mariano Rajoy e o sacrificio dos cidadáns.
“A recuperación económica empeza a chegar aos que sufriron a crise ocasionada polos socialistas; estamos nun contexto de mellora onde vemos que o número de parados baixa mes a mes”- manifestou Barreiro, quen tildou de abismal o cambio producido en España con respecto a fai tres anos e proba diso vese na redución do número de desempregados. Citou, por exemplo, os datos do paro de novembro, onde se produciu a maior baixada de toda a serie histórica neste mes (14.688 persoas menos).
O popular lembrou que ao chegar o PP ao Goberno, o paro aumentaba a un ritmo do 7.5% anual, e hoxe baixa a un ritmo anual do 5.9%; coa afiliación á Seguridade Social pasamos dunha caída anual do 2% a un incremento do 2%. “Eramos o país con maior destrución de emprego de Europa; hoxe somos o que máis emprego está xerando”- aseverou.
“Os orzamentos do 2015: os da recuperación”
O voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo fixo mención as contas elaboradas polo Goberno Central para o 2015 e afirmou que marcan o inicio dunha etapa de máis crecemento, benestar e emprego.
Definiu os Orzamentos para 2015 como os da consolidación da recuperación económica e abandono da crise e insistiu en que son as contas que precisan os españois para mellorar a súa calidade de vida, coa baixada de impostos e máis gasto social.
Afirmou Barreiro que ditas contas garanten maior protección da Seguridade Social e resaltou que as pensións volverán a subir un ano máis. Tamén mencionou as partidas destinadas a xerar emprego, que soben un 16% e fixo fincapé no orzamento destinado a políticas de emprego, que ascende a 31.000 millóns con diferentes iniciativas como o Plan de Garantía Xuvenil.
“Traballamos dende a cohesión social e protexendo aos máis vulnerables”
O voceiro do PP no Senado manifestou que malia as boas novas que se van producindo no tecido económico o Partido Popular non baixa a garda, posto que é consciente de que existen moitas familias que sofren as secuelas da crise, como son os desempregados de longa duración, e é por isto que o Goberno de Rajoy liderou un gran acordo social para que os que máis o necesitan volvan a ter oportunidades de emprego.
Neste senso, o popular citou o programa extraordinario de emprego, para o cal o Executivo Central destina ata 1.200 millóns e definiuno como unha reforma pioneira para axilizar a incorporación ao emprego dos que máis o precisan.
“Ata 450.000 parados de longa duración, con cargas familiares beneficiaranse de políticas activas de emprego personalizadas e recibirán unha axuda de 426 euros durante seis meses, que será, por primeira vez, compatible con un salario”- salientou.
Insistiu Barreiro en que os piares fundamentais para os populares son as reformas que contribúen a xerar emprego, reducir o déficit e garantir os servizos públicos e sociais e lembrou que nos últimos trimestres a economía está creando postos de traballo e proba disto vese en que a contratación indefinida a tempo completo medra no noso país un 30% anual.
Concluíu o popular manifestando que queda moito por facer e insistiu en que a solución non é bloquear sistematicamente tódalas reformas senón seguir traballando ata que España se recupere da crise orixinada por un Goberno Socialista e advertiulles aos que critican e se empeñan en manterse ao marxe, o Partido Popular e con Mariano Rajoy ao fronte, está demostrando que é capaz de superar calquera obstáculo.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



