Lugo, 16 de decembro de 2014.- O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro; os Presidentes da Xunta de Persoal e do Comité de Empresa, e os representantes das organizacións sindicais UGT, CIG e CSIF asinaron este martes un novo acordo maioritario, avalado polo 83% dos traballadores e referendado pola Xunta de Persoal e o Comité de Empresa. Gómez Besteiro remarcou que “este acordo non é algo puntual, senón que é unha tradición nos últimos anos. Os vencedores son os dereitos dos traballadores. Gaña a institución e gañan os traballadores”.
Este acordo maioritario supón a mellora das condicións de traballo do persoal do Parque Móbil, posto que se regulariza a súa xornada laboral, tendo en conta factores como a deslocalización do servizo ou dispoñibilidade dos traballadores; así como a estabilización de 20 postos de emprego para a prestación dos novos servizos que lle compete ó organismo provincial en cumprimento coa reforma da Lei de Réxime Local, evitando a súa privatización. Deste xeito, refórzanse os servizos de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Recadación, Medio Ambiente e Novas Tecnoloxías.
O Presidente do Comité de Empresa, Humberto Paz, subliñou que “mentres outras administracións en Galicia están a acudir a empresas temporais, privatizando servizos públicos, aquí trátannos doutra maneira”, polo que agradeceu ao Presidente o seu “compromiso co público”.
O Secretario da Xunta de Persoal, Valentín Lago, salientou que “o plan de estabilidade de emprego é froito de varios acordos. Esta administración renunciou publicamente, con acordos que asinou con todas as centrais sindicais, a facer ERES; mantén que a vía de acceso ás prazas na Deputación é por oposición libre, non por concurso. É moi importante destacar o xesto de valentía da Presidencia de renunciar a algo que tiña por lei, que era a provisión de postos por libre designación, para facelo por concurso, poñen fin a esta discrecionalidade. E este ano remata coa sinatura pendente da administración profesional”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



