A Peña Barcelonista San Miguel está comezando coa organización do desprazamento á Coruña para asistir ó partido da Liga entre o Deportivo de La Coruña e o FC Barcelona que se disputará en Riazor a fin de semana do 17 e 18 de xaneiro de 2015. Os interesados poden poñerse en contacto coa peña no teléfono 625 821 044. Así mesmo, participa na organización da “Carreira popular de Reis” que se celebrará en Barreiros o vindeiro domingo 4 de xaneiro cunha homenaxe a José Manuel Pérez Pereira, “El Che”, “o runner máis grande da Mariña lucense e o occidente asturiano”.






















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



