Este luns 22 de decembro, reuníuse o Xurado dos Premios de Nadal 2014 da Biblioteca Municipal de Alfoz, formado por Lionel Rexes (profesor e escritor), Marina Pardiñas (profesora do CEIP Castro de Ouro) e Susi Paz (profesora do Instituto Alfoz-Valadouro), que acordaron conceder os seguintes premios:
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL:
O xurado acorda concedelos seguintes premios:
Categoría A (1º ciclo de primaria)
1º-Christian Fernández Carreiras.
2º- Lucia Candia Paz.
Categoría B (2º ciclo de primaria)
1º-Brais Pardeiro Otero.
2º- Alexia Fraga Casabella.
Categoría C (3º ciclo de primaria)
1º- Víctor Candia Paz.
2º- Ainhoa Do Santos García.
CONCURSO DE POESÍAS DE NADAL:
O xurado acorda concedelos seguintes premios:
Categoría A (ata 8 anos)
1º-Gabriela Pedre Lastra.
2º- Daniela Valea Barreira.
3º- Mara Otero Palacios.
Categoría B (de 9 a 11 anos)
1º- Carla García González.
2º- Enma Ferrer González.
3º- Yago Martínez Ramos.
Categoría C (de 12 a 16 anos )
1º- Alba García García.
2º- Nazaret Fraga Gonçalves.
3º- Lucia Carreiras Martínez.






















Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



