Unha Comisión Xestora está poñendo en marcha a Asociación Belenista Francisco de Asís en Viveiro e que abarcará toda a Mariña occidental; coa que queren vitalizar a montaxe de Beléns ou Nacementos en Familia, Institucións, Igrexas etc.
Darase a coñecer este próximo sábado 13 de decembro ás 13.00 horas na Sala Multiusos do Concello aproveitando o acto para presentar o cartel desta Campaña 2014-15 que leva incluído un itinerario de Beléns na Zona para percorrer que se irá incrementando ano a ano.