Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2014.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a nova orde da Consellería de Traballo e Benestar a través da cal as asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude, as escolas de tempo libre, as corporacións locais, os centros educativos, os consellos locais e municipais de xuventude e outras entidades públicas ou privadas, así como grupos de mozos e mozas que organicen actividades de educación non formal dirixidas á xuventude e sen ánimo de lucro van poder solicitar o uso dos albergues xuvenís da súa titularidade.
Disporán dun prazo de dous meses para presentar a súa solicitude.Tratase de favorecer o desenvolvemento de actividades e proxectos de educación non formal, constituíndo a Orde un instrumento máis para afondar na adquisición de competencias e habilidades por parte da xuventude, á vez que se dinamizará o uso das instalacións xuvenís.
A través desta convocatoria poranse a disposición da mocidade os albergues xuvenís de titularidade da Consellería de Traballo e Benestar, para o seu uso no período comprendido entre o 1 de marzo e o 14 de xuño do ano 2015 e as estadías terán unha duración máxima de catorce días.
As instalacións das que se poderá solicitar o seu uso son o albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo, A Coruña; a Area en Viveiro e a de Benigno Quiroga en Portomarín, Lugo; o albergue xuvenil das Sinas en Vilanova de Arousa e ao de Pontemaril en Forcarei, Pontevedra.





















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.