Madrid, 17 Decembro de 2014.- O PP por boca do seu deputado por Lugo, Jaime de Olano, manifestou o seu rexeitamento á proposición do BNG debatida na Comisión de Fomento do Congreso para que se iniciasen negociacións con Alcoa e poder abrir o dique norte a usos comerciais debido a que non se utiliza.
O deputado do PP por Lugo, que na campaña de 2011 ás elecións xerais, defendeu firmemente esta cuestión, cambiou agora de tercio opoñéndose á proposición do BNG baixo o argumento de que “carece de lóxica económica e social”. Paradoxalmente, empregou o argumento contrario ao utilizado en 2011.
Sería beneficioso para a actividade industrial de A Mariña
Na súa intervención, Rosana Pérez lembrou que o BNG xa trouxo ao Congreso este tema no ano 2008 e lograra a aprobación dunha proposición non de lei. Lembrou que a multinacional Alcoa explota en réxime de concesión o porto comercial de San Cibrao cunha concesión que remata en 2022, máis Alcoa só utiliza o dique sur mentras permanece en desuso o dique norte desde hai anos.
A deputada do BNG afirmou que se podería adaptar a usos comerciais, e aludiu a un Informe de viabilidad elaborado en 2010 por Portos de Galiza e que avaliou a idoneidade de resgatar o dique norte para usos comerciais. No que atinxe á viabilidade económica, cualifica de “rendábel nun periodo razoábel” cun investimento na infraestrutura portuaria de 15,5 millóns.
O informe, explicou, estabelecía un cronograma de actuacións para a súa posta en funcionamento en seis anos. E para o proceso de resgate para usos comerciais, Portos de Galiza propuña a creación dun grupo de traballo conformado por Portos de Galiza, Autoridade Portuaria de Ferrol San Cibrao e Alcoa.
Destacou Rosana Pérez que na zona de A Mariña existe unha importante industria maderera que debe usar portos pequenos como o de Celeiro ou Burela e tamén destaca a actividade dunha industria de feldespato.
Cambio de posición do PP
Lembrou ao deputado do PP por Lugo, Jaime de Olano, que “no seu momento, non só houbo unanimidade no Congreso en torno á proposición do BNG, tamén no ano 2009, gobernando o PP, se aprobou no concello de Cervo. E na campaña das elecións Xerais de 2011, tanto o PP como o PSOE e o BNG comprometémonos en debate públicos a traer este tema ao Congreso de novo para que o dique norte poida ter usos comerciais”.
Dirixíndose ao deputado do PP por Lugo, lembroulle que daquela defendía con contundencia na precampaña de 2011 que se debía reivindicar esta cuestión. Incluso, subliñou, criticou ao entón Ministro de Fomento do PSOE, José Blanco por non ter feito nada ao respeito.
“Trátase pois, dun tema de longo percorrido” , afirmou Rosana Pérez. A deputada do BNG referiuse á situación actual de Alcoa A Coruña e Avilés con problemas debido ao sistema de interrumpibilidade, “coidamos que sería un bón momento apra retomar as negociacións e diversificar as actuacións na comarca”. É verdade, puntualizou, que Alcoa A Mariña non ten problemas e “desde logo defendemos absolutamente que siga en funcionamento pero entendemos que se pode compatibilizar as dúas cousas e dar servizo a outras industrias”.
Rosana Pérez deixou claro que o BNG non está demandando compromisos orzamentarios, senón simplesmente que se retomen as negociacións e coidamos “que é unha proposta asumíbel”.
En canto á emenda presentada polo grupo socialista, a deputada do BNG concordou coa proposta de que se asinen convenios pero non “estamos dacordo en que sexa unha emenda de substitución, son dúas propostas distintas e compatíbeis”.
















Será ás 12 do mediodía. Nesta ocasión os asistentes poderán gozar da elaboración e degustación de receitas con peixes de baixo valor económico, unha oportunidade para descubrir novas formas de cociñar e saborear o mellor produto de proximidade. Na praza de abastos estiveron xa facendo promoción desta actividade a concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, e o alcalde, Dani Vega.
A descuberta da praca culminou unha nutrida axenda de actos de recoñecemento e divulgación do legado de Andrea López Chao que se desenvolveu nos últimos catro anos, da man dun grupo de traballo coordinado por Luis Ansedes. Tras a inauguración, na que particiou a bisneta da homenaxeada, Patricis Ares, estreouse no Auditorio Municipal o documental "Andrea López Chao. O poder de educar" da realizadora hispano cubana Violeta Ramos Valdés. Iria Castro parabenizou "as persoas que participaron no recoñecemento e divulgación da figura de Andrea López Chao, ampliando o coñecemento do seu legado e documentándoo e proxectándoo para as xeracións futuras"
"Zozobra" en palabras do propio autor, Maxi Rodríguez, é unha 'labazada de teatro que axita conciencias'. A cita é este domingo 21 de Setembro ás 20:00h. no Auditorio Municipal con entrada de balde
As delegacións municipais participan neste acto solemne que mantén viva a devoción pola patroa da cidade de Mondoñedo e reforza a unión entre os concellos da contorna. Mariña Gueimunde subliñou que «para Viveiro é unha honra participar nesta celebración tan arraigada que une ás nosas vilas a través da tradición e da cultura». Engadiu que «é fundamental preservar estas manifestacións colectivas que forman parte da nosa identidade e que fortalecen os lazos de fraternidade entre os pobos veciños».
O encargado de dar a saída foi o alcalde, Dani Vega, que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Por diante 21 quilómetros de percorrido por paraxes espectaculares ata chegar á meta na praia das Catedrais. A proba desenvolveuse nunha tarde soleada e moi calorosa.
O evento está organizado pola asociación de veciños da parroquia, co apoio do Goberno galego. Arias puxo en valor o traballo do colectivo organizador para "facer medrar este evento ano tras ano, consolidándoo en soamente tres anos como unha das citas destacadas no calendario festivo da comarca".
Na xuntanza, que tivo lugar no Departamento Territorial da Xunta en Lugo, avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para mellorar as infraestruturas rurais da localidade. A maiores, estudouse a situación dos instrumentos de mobilización da terra agraria que se desenvolveron na localidade e afondouse na mellora da súa xestión forestal.



