A Deputación de Lugo vén de publicar este luns, no número 297 do Boletín Oficial da Provincia, o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ribadeo, que xa pode ser consultado a través da web www.deputacionlugo.gal. Ademais de facilitar o acceso ao documento dende calquera punto da provincia, a publicación dixital desta norma urbanística supón para a Deputación un importante aforro, xa que o custe do Boletín en papel era de 36 euros por páxina. Así pois, no caso concreto do PXOM ribadense, o aforro real é de 12.672 euros, ao constar este de 352 páxinas.
Este PXOM, organizado nun só tomo, supón un arquivo de 101 megas de tamaño e a súa elaboración dixitalizada permitiu simplificar o volume de información e dos trámites administrativos necesarios para a súa necesaria publicación, logo de ser aprobado no Pleno municipal. O Plan de Ordenación Municipal contén fins e obxetivos do Plan Xeral de Ordenación Municipal, un estudo do medio rural; unha análise do modelo de asentamento poboacional; os respectivos planos de ordenación urbanística; estudo económico; informe de sustentabilidade ambiental e informe de sustentabilidade económica.
O de Lugo, o 1º PXOM dixital
O BOP electrónico (E-BOP) foi implantado grazas ao programa tecnolóxico InnovaTE, cofinanciado ao 70% por fondos europeos, e permitiu a substitución da publicación en papel -a máis veterana da provincia, ao datar de 1835-, polo soporte dixital en xaneiro de 2011.
O publicación en soporte dixital do PXOM do Concello de Lugo, o 14 de febreiro de 2012, marcou un fito histórico, xa que ata ese momento só se publicaran normas auxiliares de distintos Plans de Ordenación, que ocupaban unha media de 20 páxinas e un peso de 20 megas. Pola contra, o PXOM lugués sumaba 3.033 páxinas, organizadas en 8 tomos para facilitar a súa consulta, e tiña un peso de 517,167 megas. A súa publicación electrónica permitiu un aforro ás arcas provinciais de 110.000 euros.
A implantación do E-BOP en 2011 supuxo tamén o paso ao soporte dixital de Boletíns anteriores a esta data. Deste xeito, outros PXOM de Concellos da provincia, que foran aprobados con anterioridade, puideron ser consultados dende ese momento no arquivo do Boletín, na web www.deputacionlugo.gal. Este foi o caso dos PXOM de O Incio, Paradela, Castroverde, Rábade, Ribas de Sil, Pedrafita do Cebreiro e Sober.





















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



