Ribadeo, 10 de decembro de 2014. O vindeiro venres, 12 de decembro, ás 12.00 horas, terá lugar no Cine Teatro a proxección da película El camino de vuelta, dentro do programa Cinensino da Concellaría de Saúde e Servizos Sociais ribadense.
Nesta edición participan os rapaces de 1º e 2º de ESO. En total 210 alumn@s e uns 20 titores e docentes do IES de Ribadeo e do colexio Sagrado Corazón. Tras visionar esta película El camino de vuelta o profesorado traballará durante uns días a unidade didáctica correspondente, segundo informa Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Adictivos do Concello.
Ao longo do curso o alumnado verá e traballará con dúas películas mais.