Burela, 17 de decembro de 2014.- O Colectivo Cultural Buril comezaba hai xa uns meses un traballo para a recuperación, conservación e posta en valor das pinturas murais do século XVI da igrexa da Vila do Medio. A idea era realizar distintas actividades co fin de chamar a atención sobre o delicado estado de conservación no que se atopan actualmente (algunha está case desaparecida a día de hoxe) e por outra banda facer un traballo de divulgación e sensibilización entre os veciños e veciñas de Burela.
Desde o primeiro momento contactouse con distintas persoas de Burela ou que teñen vínculos coa nosa vila e que desenvolen actividades artísticas (pintura, deseño, fotografía, vídeo…) para dar a coñecer o traballo do Buril en relación coas pinturas da Vila do Medio e recoller as súas impresións. Deses encontros saíron varias e interesantes propostas.
A primeira iniciativa que se levou a cabo foi solicitar ao Servizo de Patrimonio da Xunta a Declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) para as pinturas murais da Vila do Medio, da que aínda non se tivo contestación. Neste sentido, tamén propuxemos a todos os grupos políticos con representación no Concello unha moción para instar á Xunta a que realizasen os trámites oportunos para a Declaración BIC e dar apoio do pleno da corporación municipal á solicitude presentada polo Buril. Lamentablemente esta moción non foi aprobada polo pleno municipal ao non contar cos votos favorables do grupo maioritario.
Exposición sobre as pinturas góticas da Vila do Medio na Casa da Cultura de Burela, do 19 de decembro ao 30 de xaneiro de 2015
Case un ano despois desta iniciativa e coincidindo co seu 30 aniversario, o Buril realiza unha exposición didáctica sobre as pinturas góticas da Vila do Medio na Casa da Cultura de Burela, que permanecerá aberta ao público desde o 19 de decembro ao 30 de xaneiro de 2015, en horario de Biblioteca.
A exposición componse de 8 paneis explicativos que conteñen información e material gráfico sobre as pinturas. Os dous primeiros paneis son de carácter explicativo, o primeiro con información xeral sobre a igrexa da Vial do Medio e o segundo sobre as pinturas (data de construción, estilo, técnicas empregadas, contexto histórico-artístico…). Os catro paneis seguintes son relativos ás propias pinturas, estando dedicados a cada unha das catro pinturas murais conservadas e que narran distintas escenas na “Paixón de Cristo”: o prendemento, a flaxelación, a lamentación e a resurrección, esta última atópase practicamente desaparecida a día de hoxe. A exposición remata con dous paneis explicativos sobre o estado das pinturas e as medidas a levar a cabo para a súa conservación e posta en valor. Nestes dous paneis explícanse os procesos que interveñen na destrución das pinturas, as intervencións levadas a cabo durante os últimos anos e as medidas a adoptar para pór freo ao seu deterioro.
Obradoiro de pintura mural para crianzas no local social do Buril os días 2 e 3 de xaneiro
Paralelamente a esta exposición, terá lugar un obradoiro de pintura mural para crianzas de 7 anos en diante, coordinado por Rosana Míguez, licenciada en Belas Artes e titulada en Conservación e Restauración de Bens Culturais. Esta actividade procura dar a coñecer o patrimonio histórico-artístico de Burela entre os máis pequenos e pequenas, ao tempo que pór en práctica as técnicas tradicionais da pintura mural e o temple.
Este obradoiro desenvolverase no local social do Buril, na praza de abastos de Burela entre as 11:00 e as 13:00 horas do 2 e 3 de xaneiro de 2015, habendo a posibilidade de amplialo ate o día 4. A actividade terá un custo de 5 € para o público en xeral e será gratuíta para socios e socias do Buril. As persoas interesadas poden inscribirse nos telefones 666-737-595 ou no 616-995-013, ou se o prefiren a través do correo-e ccburil@gmail.com





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



