Dende a Concellería de Turismo e Desenvolvemento Local de Ribadeo “somos conscientes das dificultades que o sector turístico, público-privado, afronta cada día á hora de comercializar o seu produto nun ambiente cada vez máis competitivo, agresivo e dinámico”.
Polo tanto, faise palpable a necesidade, no ámbito do turismo, de apoiar o desenvolvemento e fomento do sector, co obxectivo de integrar, aos axentes implicados, na creación de produtos turísticos e na súa promoción e comercialización a través de feiras especializadas e outras canles de comercialización online e offline; é dicir, os usuarios deste servizo, poderán dominar conceptos básicos coma o de “produto turístico” e coñecer a metodoloxía para a creación, promoción e comercialización do mesmo.
É por todo isto que dende a Concellería de Turismo e desenvolvemento Local decidimos promover un Plan de Apoio á Comercialización de Empresas Turísticas 2014/15. Un plan de apoio que sirva para acadar entre todos unha imaxe atractiva, moderna e activa de Ribadeo,unha imaxe diferenciada e valorizada coa finalidade de proxectala ao exterior.
O Plan de apoio á comercialización de empresas Turísticas 2014/15 engloba as seguintes medidas:
1. Visita individual a cada empresa adherida ao proxecto e avaliación mediante fichas técnicas onde se plasme as características e singularidades de cada establecemento, inquietudes do empresario e necesidades concretas de mellora na comercialización.
2. Análise dos datos obtidos no estudo previo e envío da información procesada aos responsables do Concello de Ribadeo en materia de Turismo.
3. Asesoramento a cada empresa sobre os axentes profesionais aos que debe dirixirse nas Feiras 2015.
4. Axuda e mentorización no proceso de contacto cos devanditos axentes profesionais: preparación de mailings, chamadas telefónica…
5. Revisión das súas ferramentas publicitarias e marketinianas: tarxetas de visitas, páxinas web, redes sociais, folletos comerciales,…profundo do seu material online e offline.
6. Tutelaxe na selección das empresas ás que os hostaleiros van dirixirse co fin último de comercializar o seu produto.
7. Organización da estruturas das Axendas de Feiras 2015 de cada establecemento hostaleiro.
8. Desenvolvemento de reunións conxuntas periódicas entre a empresa consultora, o Concello de Ribadeo e os establecementos participantes no Plan para un posta en escena común do produto Ribadeo como referente turístico.
9. Acompañamento nalgunhas das reunións que os establecementos teñan axendado cos profesionais das Feiras, axudando na negociación de acordos comerciais.
10. Avaliación posterior dos eventos e seguimento activo das relacións establecidas nas Feiras, así como axudas nas negociacións e revisións contractuais.
Así con todo isto dende a Concellería turismo e desenvolvemento local de Ribadeo búscase abrir novas posibilidades para a desestacionalización do noso sector turístico intentando atopar novos michos de mercado e dándolle un valor engadido a nosa imaxe conxunta do destino Ribadeo.
Para a participación neste proxecto dende a Oficina de Turismo enviouse unha comunicación individual víamail aos axentes turísticos, de todas dormasqueremos recordar que si algún establecemento aínda estivese interesado en participar pode poñerse en contacto coa técnica de turismo no teléfono: 982 128 689 ou no correo electrónico turismo@ribadeo.org.




















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



