San Cibrao, 18 de decembro de 2014.- O CSI-F ten constancia de que en realidade ALCOA só ten previsto pechar a planta de Coruña e non a de Avilés, isto explicaría o porqué os comités empresa de ambas as dúas fabricas non se poñen de acordo á hora de formar a comisión que os representará nas negociacións con ALCOA, ou que Avilés xa rompeu o acordo dentro do comité empresa ao permite saír camións cargados de aluminio, mentres en Coruña os sindicatos seguen coas portas pechadas.
O Expediente de Regulación que presento a empresa o 9 de decembro segue avanzando xa que os sindicatos teñen legalmente 30 días para presentar alegacións, e despois a empresa o secundará como o teña previsto. Isto está a estrangular as posibilidades de buscar unha alternativa ao que pode ter gardado a empresa xa que pode ser certo de que a empresa se conforme por agora con pechar unha planta ou que en realidade o rumor se estea a utilizar para dividir aos propios sindicatos maioritarios, neste caso CC.OO e UGT, en ambos os dous casos a unión sempre fai a forza. San Cibrao tamén debería estar nas devanditas negociacións mesmo aplicando tamén medidas de presión pois poderiamos ser xunto a Avilés, o salvavidas da planta de Coruña á hora de buscar a recolocación da xente nova que a diferenza da xente maior non lle resolvería nada o diñeiro que lle corresponde por despedimento, posto que ao final como unha empresa multinacional queira marchar, non hai forza humana nin política que o poida impedir.
O Comité de Empresa de San Cibrao debe impedir por agora, que ALCOA aplique aquí os despedimentos negociados cos traballadores e que un bo grupo de traballadores espera resolver a final de decembro, onde a empresa saca a vantaxe co fin de eliminar os devanditos postos, isto debería ser evitado polo Comité de Empresa de San Cibrao xa que pechamos as portas a uns posibles traslados doutras fabricas.