Foz, 4 de decembro de 2014. A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autonómos / Centro Comercial Aberto de Foz e a Asociación Deportiva Santiago de Foz entregaranlle 300 euros en vales de compra ao portador da papeleta que teña o nº 1.156. O sorteo celebrouse hoxe e o afortunado deberá presentarse co boleto agraciado en Acia/CCA Foz, en Radio Foz ou na Asociación Deportiva Santiago de Foz. Logo disporá de varias semanas para gastar o premio: 300 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados á Asociación de Comerciantes local.
Último Campañazo de novembro
Atilano Fernández Fernández e Carmen Casariego Fernández foron os gañadores do último sorteo do Campañazo de novembro, que tivo lugar o pasado día 28. Ambos compartiron o premio: 150 euros en vales de compra para cada un. Atilano Fernández obtivo o seu cartón en Electricidad Núñez e Carmen Casariego en Centro Dietético Alba Vila. Os afortunados seguiron o sorteo na cafetería Xoyma, que foi onde a directiva de Acia/CCA Foz lles fixo entrega dos premios. Houbo máis cartóns premiados neste último sorteo do Campañazo de novembro, que tamén recibiron os seus agasallos.