CERVO, 12 DE DECEMBRO. Os socialistas de Cervo lamentaron no pleno celebrado no Concello no día de onte que o Partido Popular ó completo votase en contra da emenda que presentaron ós orzamentos coa que “só se trataba de sumar. A única finalidade da nosa proposta era incrementar os esforzos municipais en emerxencia social para apoiar as familias que están atravesando unha difícil situación económica e activar o emprego e a economía do noso concello”.
Ademais dende o Grupo Municipal Socialista aseguran que “non souberon contrastar a súa decisión con ningún tipo de argumento sólido. O non polo non, o non por ser unha proposta do PSOE segue a ser a actitude habitual deste equipo de goberno. Incomprensible”.
Non entenden xa que a situación laboral do Concello está atravesando un dos seus peores momentos se pensamos sobre todo no ERE de Sargadelos, nos traballadores da antiga ECESA ou na preocupante situación de Alcoa, lembran que “con datos de novembro na man, temos un total de 280 desempregados, 158 mulleres e 122 homes. Seguimos crendo na enorme necesidade de incrementar a partida para crear o Plan de Emprego que tanto levamos demandado, mentres o PP segue mirando para outro lado”.
Vendo a situación, os datos preséntanse alarmantes para o vindeiro 2015, “pretendíamos que a partida para o fomento do emprego se incrementase nuns 200.000 euros para atender a demanda existente no concello e facer posible a creación real de postos de traballo. Hai moito do que prescindir e sería interesante que se revisasen e tratasen de reducir gastos excesivos como o que supón a xestión de residuos de SOGAMA ou o Consorcio de Augas e gastos prescindibles como a partida destinada a gastos diversos, publicidade e progapaganda á que lle adican máis de 165.000 euros”.
Enfrontamento entre administracións
O emprego e activación da economía parece que interesa pouco e “vemos como o Partido Popular xa ten entre cella e cella a vindeira cita electoral” aseguran os socialistas, “o PP vota en contra do Plan de Emprego para o noso concello, o PP vota en contra dun Plan de Emprego de 50 millóns de euros no Senado, a Xunta non actúa e por riba reduce nun 54% as políticas destinadas a este asunto, e o único que se lle ocurre ó Partido Popular de Cervo é arremeter contra a única administración que non ten competencias en materia de emprego como é a Deputación Provincial”.
Os membros do GMS subliñaron que “este enfrontamento visualizouse tamén na proposta de alcaldía na que solicitaban unha axuda económica para unha actuación pero non se facía a mesma solicitude á Xunta de Galicia, que é a que ten competencias para as axudas que piden. Non, a cuestión de fondo, coma sempre, era o enfrontamento coa administración lucense. Dende o Concello de Cervo envíanse solicitudes a Lugo pero non se esixe o mesmo a Santiago, cando a Xunta é a competente na materia”.
A pesares das competencias de cada quen non rexeitamos que se pidan axudas a diferentes administracións, de feito “presentamos unha emenda en positivo para pedir a este equipo de goberno que cando pida á Deputación Provincial lle pida o mesmo esforzo á Xunta de Galicia, a colaboración e o esforzo de dúas pode facer bastante máis que unha soa. Pero non. Ó PP parece interesarlle só a Deputación, o enfrontamento con ela e a súa prioridade non pasa polos veciños de Cervo senón polo seu rédito político e persoal”.
















Será ás 12 do mediodía. Nesta ocasión os asistentes poderán gozar da elaboración e degustación de receitas con peixes de baixo valor económico, unha oportunidade para descubrir novas formas de cociñar e saborear o mellor produto de proximidade. Na praza de abastos estiveron xa facendo promoción desta actividade a concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, e o alcalde, Dani Vega.
A descuberta da praca culminou unha nutrida axenda de actos de recoñecemento e divulgación do legado de Andrea López Chao que se desenvolveu nos últimos catro anos, da man dun grupo de traballo coordinado por Luis Ansedes. Tras a inauguración, na que particiou a bisneta da homenaxeada, Patricis Ares, estreouse no Auditorio Municipal o documental "Andrea López Chao. O poder de educar" da realizadora hispano cubana Violeta Ramos Valdés. Iria Castro parabenizou "as persoas que participaron no recoñecemento e divulgación da figura de Andrea López Chao, ampliando o coñecemento do seu legado e documentándoo e proxectándoo para as xeracións futuras"
"Zozobra" en palabras do propio autor, Maxi Rodríguez, é unha 'labazada de teatro que axita conciencias'. A cita é este domingo 21 de Setembro ás 20:00h. no Auditorio Municipal con entrada de balde
As delegacións municipais participan neste acto solemne que mantén viva a devoción pola patroa da cidade de Mondoñedo e reforza a unión entre os concellos da contorna. Mariña Gueimunde subliñou que «para Viveiro é unha honra participar nesta celebración tan arraigada que une ás nosas vilas a través da tradición e da cultura». Engadiu que «é fundamental preservar estas manifestacións colectivas que forman parte da nosa identidade e que fortalecen os lazos de fraternidade entre os pobos veciños».
O encargado de dar a saída foi o alcalde, Dani Vega, que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Por diante 21 quilómetros de percorrido por paraxes espectaculares ata chegar á meta na praia das Catedrais. A proba desenvolveuse nunha tarde soleada e moi calorosa.
O evento está organizado pola asociación de veciños da parroquia, co apoio do Goberno galego. Arias puxo en valor o traballo do colectivo organizador para "facer medrar este evento ano tras ano, consolidándoo en soamente tres anos como unha das citas destacadas no calendario festivo da comarca".
Na xuntanza, que tivo lugar no Departamento Territorial da Xunta en Lugo, avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para mellorar as infraestruturas rurais da localidade. A maiores, estudouse a situación dos instrumentos de mobilización da terra agraria que se desenvolveron na localidade e afondouse na mellora da súa xestión forestal.



