Madrid, 17 de decembro de 2014.- O deputado mariñao Jaime de Olano opúxose hoxe á apertura do dique Norte do porto de San Cibrao a operadores distintos de Alcoa por considerar que a devandita proposta non é nin económica, nin socialmente rendible para A Mariña lucense, nin para a Autoridade Portuaria nin para Galicia.
Olano recordou que esta petición non é nova e que precisamente por iso a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao encargou no ano 2008 un estudo do potencial comercial ao obxecto de verificar a viabilidade económica da apertura do dique Norte a outros operadores, unha Autoridade Portuaria entón presidida por un socialista co apoio precisamente do BNG, grupo propoñente hoxe. Pois ben, o resultado do citado estudo concluíu que o potencial de captación era escaso e nin sequera as hipóteses máis optimistas serían suficientes en comparación coa magnitude dos investimentos a realizar para que o dique Norte poida abrirse ao tráfico comercial. E iso, sen contar cos custos de mantemento e explotación, que tamén se elevaría. O estudo apuntaba sen lugar a dúbidas que dende o punto de vista económico-financeiro, no mellor dos casos, a Taxa Interna de Retorno, a denominada TIR, sería do 3,98%, moi por debaixo do albor que garantise unha mínima rendibilidade que se establece no 5,30%.
O PP, polo tanto, opúxose hoxe na Comisión de Fomento do Congreso á iniciativa do BNG para abrir o dique norte e criticou a incoherencia dos nacionalistas galegos que, pola mañá, no Pleno, pediron un trato diferenciado para Alcoa e, pola tarde, defenderon unha proposta que poñería en dificultades á planta de Alcoa na Mariña quebrando as súas expectativas e comprometendo o desenvolvemento industrial desta e, conseguintemente, os postos de traballo directos, indirectos e inducidos creados. “Sinxelamente, non comprendo as súas distintas posturas ao longo do día de hoxe”, resaltou Jaime de Olano.
O deputado popular da Mariña mostrouse sorprendido de que o BNG presentase esta iniciativa ” sen saber sequera cual é a postura de Alcoa ao respecto”. Segundo dixo, “pregúntome se coñece o BNG cal é a postura do concesionario. Teño a impresión de que descoñecen os problemas que a súa petición podería xerar na explotación por Alcoa dos seus peiraos, e estou a pensar nas demoras, atrasos, problemas de aprovisionamento, etc., xa que estes peiraos están moi próximos á súa saturación, movendo máis de 5 millóns de Tn ao ano en dous únicos atraques, polo que é posible que estas interferencias sexan inasumibles para Alcoa”.
Jaime de Olano rexeitou, ademais, algunhas das premisas presentadas polo BNG na súa exposición para pedir a apertura do dique a outros operadores. “Cuantifican o investimento necesario nun total de 15,5 millóns de euros, pero esta refírese unicamente ao investimento na infraestrutura portuaria, obviando outros investimentos que serían necesarios como o investimento en maquinaria, infraestruturas telemáticas ou persoal,”.
Igualmente, o deputado popular criticou que nas contas que formula o BNG tampouco se ten en conta o custo do rescate desa parte da concesión nin os custos de mantemento que agora sufraga Alcoa, pero que de ser rescatada un parte da concesión corresponderían á Autoridade Portuaria, e isto sen entrar a valorar o importante investimento que habería que realizar para adecuar os accesos por estrada a esa zona.
Para Olano, no caso de ser aberto ao tráfico comercial o tránsito de mercadorías que podería captar o dique Norte sería captado na súa inmensa maioría doutros portos da zona, en concreto dos Portos de Ribadeo, Burela e Celeiro (areas, caolín, cuarzo, madeira…). En consecuencia, xeraríanse novos postos de traballo en San Cibrao a base de destruílos noutros puntos da Mariña. “Dita lisa e chairamente, señoría, sería vestir un santo a custa de devestir outros tres, o que sinceramente carece de toda lóxica económica e social”, sentenciou.
Olano afirmou que a apertura ao tráfico comercial dun porto é un tema moi serio que ha de tratarse con todo o rigor posible e pediu ao BNG que se afaste de posturas que poden resultar agradables a certos oídos pero que carecen de argumentos técnicos serios.

















Será ás 12 do mediodía. Nesta ocasión os asistentes poderán gozar da elaboración e degustación de receitas con peixes de baixo valor económico, unha oportunidade para descubrir novas formas de cociñar e saborear o mellor produto de proximidade. Na praza de abastos estiveron xa facendo promoción desta actividade a concelleira de Promoción Económica e Comercio, Marta Saiz, e o alcalde, Dani Vega.
A descuberta da praca culminou unha nutrida axenda de actos de recoñecemento e divulgación do legado de Andrea López Chao que se desenvolveu nos últimos catro anos, da man dun grupo de traballo coordinado por Luis Ansedes. Tras a inauguración, na que particiou a bisneta da homenaxeada, Patricis Ares, estreouse no Auditorio Municipal o documental "Andrea López Chao. O poder de educar" da realizadora hispano cubana Violeta Ramos Valdés. Iria Castro parabenizou "as persoas que participaron no recoñecemento e divulgación da figura de Andrea López Chao, ampliando o coñecemento do seu legado e documentándoo e proxectándoo para as xeracións futuras"
"Zozobra" en palabras do propio autor, Maxi Rodríguez, é unha 'labazada de teatro que axita conciencias'. A cita é este domingo 21 de Setembro ás 20:00h. no Auditorio Municipal con entrada de balde
As delegacións municipais participan neste acto solemne que mantén viva a devoción pola patroa da cidade de Mondoñedo e reforza a unión entre os concellos da contorna. Mariña Gueimunde subliñou que «para Viveiro é unha honra participar nesta celebración tan arraigada que une ás nosas vilas a través da tradición e da cultura». Engadiu que «é fundamental preservar estas manifestacións colectivas que forman parte da nosa identidade e que fortalecen os lazos de fraternidade entre os pobos veciños».
O encargado de dar a saída foi o alcalde, Dani Vega, que estivo acompañado pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, e pola presidenta de Acisa, Carmen Cruzado. Por diante 21 quilómetros de percorrido por paraxes espectaculares ata chegar á meta na praia das Catedrais. A proba desenvolveuse nunha tarde soleada e moi calorosa.
O evento está organizado pola asociación de veciños da parroquia, co apoio do Goberno galego. Arias puxo en valor o traballo do colectivo organizador para "facer medrar este evento ano tras ano, consolidándoo en soamente tres anos como unha das citas destacadas no calendario festivo da comarca".
Na xuntanza, que tivo lugar no Departamento Territorial da Xunta en Lugo, avaliouse a posibilidade de establecer vías de colaboración para mellorar as infraestruturas rurais da localidade. A maiores, estudouse a situación dos instrumentos de mobilización da terra agraria que se desenvolveron na localidade e afondouse na mellora da súa xestión forestal.



