Unha sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo anula a resolución do Director Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia con data do 27 de xaneiro de 2011 que aprobaba o ERE da empresa Fábrica Cerámica de Sargadelos SL.
Polo tanto, o tribunal recoñece o dereito dos traballadores afectados a ser readmitidos nos seus postos de traballo “co aboamento das cantidades deixadas de percibir en concepto de salarios dende as extincións dos seus contratos, así como a retroacción da alta co aboamento de cotas correspondentes dos traballadores na Seguridade Social no momento das extincións dos seus contratos”.
A CIG, como parte demandante, argumentaba que a fábrica forma parte dun grupo de empresas polo que consideraba “necesario coñecer o estado real económico e financieiro do grupo”. Tamén facían constar que consideraban “arbitraria” a designación de traballadores afectados, que “non existiu boa fe” nas negociacións da empresa cos traballadores previas ó ERE e que este “non se xustificou a nivel económico nin a nivel organizativo e de producción”.
A Administración, pola súa banda, negou as pretensións anteriores igual que a Fábrica CErámica de Sargadelos que alegou que “a causa económica quedaba acreditada polas perdas do 2010”. E as empresas codemandadas Sargadelos Coruña, Compostela, Barcelona, Cristal de Sargadelos, Porcelana de Sargadelos, Laboratorio de Industria e Conservación do Castro, tamén engadiron a “falta de lexitimación pasiva pola inexistencia do grupo de empresas”.
Comprobada a existencia do grupo empresarial a efectos laborais, ademais de mercantís, os tribunais consideran que para “a solicitude do ERE tiña que incluír unha referencia solvente de tódolos compoñentes do grupo”.
Coa anulación do ERE polo anterior motivo, tamén se analizou a xustificación da elección das persoas despedidas no ERE onde a Inspección de Traballo asegura que podería ser maior a reducción de traballadores despedidos dos 34 a 26 dun total de 115. Ademais, a Inspección alerta de que “non existe unha correspondencia total entre os postos sinalados e os finalmente escollidos dentro de cada sección”. E tamén que “os cambios non foron debidamente xustificados”.
Nese sentido, Inspección critica que os criterios que se dixeron empregados para a selección dos traballadores e traballadoras afectados (experiencia, productividade ou polivalencia) “son puramente formais; xa que non se achega ningún tipo de xustificación sobre o sistema empregado”. De feito, a sentenza recolle que “o informe elaborado pola CIG onde se describe o cadro de persoal clasificado por seccións discrepa do contido dos criterios dados pola empresa e a realidade reflectida no ERE”.
Con todo, a xustiza confirma a situación de “crise económica real e demostrada nos últimos anos no que a Inspección de traballo tampouco ten dúbidas”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



