O voceiro provincial socialista e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, defendeu este luns que a solución técnica adoptada pola Deputación para poder rematar as obras de acondicionamento da estrada de Marco de Álvare ás Rodrigas é a máis segura e viable economicamente. Martínez subliñou que a proposta do Partido Popular de Riotorto de construír unha escollera só provocaría máis e maiores desprendementos, o que, ademais de invalidar esta alternativa, supoñería “un grave perigo para os traballadores que a terían que construír”, dadas as características do terreo, fortemente deslizante.
O Deputado explicou que o solo está formado por bolos compactos e dunha gran dureza de cuarcita, rodeados de arcilla, un material que, ao humedecerse, aumenta de volume e perde toda a súa compactidade, actuando como lubricante, o que provoca que o terreo –de arcilla e roca- se desprenda, como xa ocorre actualmente. Deste xeito, construír unha escollera cargaría máis o terreo descomprimido pola humidade e provocaría máis e maiores desprendementos.
“A ignorancia é moi atrevida”, sentenciou o voceiro socialista en referencia ás declaracións dos populares de Riotorto, aos que recomendou “que se documenten antes de falar”. Manuel Martínez recalcou que a solución alternativa para rematar a estrada foi determinada polos técnicos tras ser estudadas minucionamente as posibilidades existentes. “En calquera caso, se o PP e o seu presidente en Riotorto teñen outra alternativa, que se comprometan por escrito a facerse cargo dos problemas de deslizamento do terreo ou dos posibles accidentes que poidan ocorrer aos traballadores durante a execución das obras que plantexan”, asegurou o voceiro.
Martínez instou ao Partido Popular a que “nos deixe traballar en paz dunha vez e non incordie máis porque, ademais de non acometer esta obra que prometeron, o único que fixeron foi crear problemas”.
O mércores
A Xunta de Goberno ratificou o pasado venres un novo investimento de 235.000 euros para finalizar as obras de Marco de Álvare ás Rodrigas, que se retomarán este mércores. Os traballos tiveron que ser paralizados temporalmente ante as dificultades de actuar nun treito de 140 metros con vivendas nas súas inmediacións. Tras estudar tecnicamente as posibles solucións, “acordamos manter o trazado actual da estrada neste tramo e executar traballos de recheo do terreo para impedir o deslizamento da ladeira”, explicou Manuel Martínez.
En 2 meses
A Deputación prevé rematar os traballos en dous meses, sempre que as condicións meteorolóxicas permitan o secado da zahorra e aplicar o aglomerado, precisou o Deputado de Xestión Territorial.
As obras están moi avanzadas, posto que, xunto cos traballos neste treito de 140 metros, só quedaría aplicar o aglomerado en quente no seu conxunto, isto é, nos preto de 6 quilómetros no que se está a actuar, que son dende o 0,000 ao 5,800, ademais da sinalización. Todo isto logo de mellorar o trazado co seu ensanche ata os 8 metros e eliminar curvas.
En total, a Deputación fai un esforzo inversor de máis de 1,6 millóns de euros no arranxo desta estrada (1.235.000 euros nas obras e 400.000 euros nas expropiacións de 200 fincas). Faino en resposta ás xa históricas demandas dos veciños da zona, que levan décadas reclamando a mellora da que é o principal acceso á N-640, a estrada que une esta zona da Mariña coa capital luguesa. “A pesares de todas as dificultades (problemas económicos da anterior adxudicataria, espera de 2 anos polas expropiacións da Xunta, manipulacións e mentiras do Partido Popular, a quen non lle interesa que rematemos as obras…), este Goberno Provincial finalizará estas actuacións e cumprirá coa palabra dada aos veciños”, recalcou Martínez.


















A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



