Bruxelas, 27 Xaneiro 2015. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda, Lídia Senra, mantivo este martes unha xuntanza coa Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina. Dito encontro, con titulares e suplentes das comisións europarlamentarias de agricultura e pesca, foi solicitado pola propia Ministra e tivo lugar en dúas quendas. Senra, como titular do Grupo Conferedral da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) para a Comisión de Agricultura e suplente na de Pesca, estivo presente este martes en ámbalas dúas xuntanzas.
Tejerina encetou a reunión sobre temas agrarios elaborando un índice dos aspectos que se están a tratar nestes momentos na Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo (PE), tales como os regulamentos relativos á agricultura ecolóxica, sanidade vexetal e animal, pensos medicamentosos, clonación de animais ou o paquete lácteo.
En relación a este último punto, Lídia Senra transmitiu “a nosa enorme preocupación pola crise que se aveciña co fin das cotas como instrumento de control da produción láctea e a ineficacia demostrada xa coas medidas do paquete lácteo postas en marcha “. Neste senso, dende AGEe sinalámoslle a Tejerina a pertinencia de que o Ministerio faga “unha fonda análise e reflexión” da actual situación no sector, así como de “apostar claramente por manter as cotas como un instrumento de control da produción e traballar para un reparto xusto do dereito a producir entre labregos e labregas de toda a UE”.
Aliás, en materia de agricultura a eurodeputada galega puxo tamén enriba da mesa a problemática dos tratados de libre comercio cos EEUU (TTIP) e Canadá (CETA), solicitando que se suspendan as negociacións destes acordos “polo que supoñen en canto á destrución de postos de traballo nas explotacións labregas, un dano totalmente inaceptábel cando ademais a alimentación básica pode ser producida a nivel local e adquirida en circuítos curtos de comercialización, cuestión fundamental tamén na loita contra o cambio climático”.
Asemade, Senra manifestou a preocupación de AGEe en relación á negativa afección destes acordos de liberalización comercial en relación aos sectores produtores no seu conxunto e a ferramentas de protección moi importantes para Galiza como son as Denominacións de Orixe.
Pesca
Nesta reunión a ministra Tejerina esbozou tamén primeiramente o abano de temas que se están a tratar actualmente na Comisión de Pesca e que afectan directamente ao Estado español.
Lídia Senra interveu para plantexar a cuestión da prohibición das redes de mallas á deriva, defendendo “a necesidade de excluír desta prohibición as artes de pesca artesanal, como é o caso do ‘xeito’ na Galiza”, ao que a ministra respostou confirmando que “salvagardar o xeito e o sardinal” é tamén a posición do Ministerio neste momento.
Seguidamente a eurodeputada galega chamou a atención de Tejerina sobre “a problemática que están a xerar as cotas de pesca na Galiza”, reclamando “a necesidade de revisar tanto a asignación das mesmas ao Estado como o reparto que fai o propio Estado, así como que a pesca artesanal quede excluída da aplicación das cotas”. Neste aspecto non houbo ningún tipo de interacción por parte da ministra, quen se limitou a defender a situación actual.

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



