A Deputación empeza a impartir este xoves nos centros de asesoramento tecnolóxico gratuíto que abriu o pasado luns en Lugo, Viveiro e Monforte os primeiros obradoiros para mostrarlle as novas ferramentas e aplicacións tecnolóxicas tanto aos cidadáns como ás empresas e autónomos da provincia. Non obstante, o prazo de inscrición segue aberto, e os interesados poden reservar unha praza ben presencialmente nos centros de Lugo (rúa Frei Plácido Rei Lemos), Viveiro (Avenida de Cantarrana, 6) e Monforte (rúa Escultor Francisco Moure, 17); ou ben chamando ao número de teléfono 982.28.46.67. Tamén poden anotarse a través dos enderezos electrónicos transformatic.lugo@deputacionlugo.org, transformatic.viveiro@deputacionlugo.org e transformatic.monforte@deputacionlugo.org.
Os obradoiros que comezan hoxe orientados aos cidadáns levan como título Ferramentas de comunicación 2.0 e Realiza a túa compra por Internet de maneira sinxela e segura, que terán lugar nos centros de asesoramento de Lugo e Viveiro, respectivamente.
Ferramentas de comunicación 2.0 desenvolverase tamén en Viveiro mañá venres e en Monforte o vindeiro luns. Pola súa banda, o centro de Monforte e o de Lugo acollerán o obradoiro Realiza a túa compra por Internet de maneira sinxela e segura mañá venres e o próximo luns, respectivamente. O curso Ferramentas de almacenamento na nube dedicado a todos os colectivos arrancará hoxe en Monforte, mañá en Lugo e o luns en Viveiro. Todos os talleres terán lugar de 16.30 a 18.30 horas.
Asesoramento individualizado e gratuíto
Paralelamente a estas actividades de formación, nos centros de asesoramento en Lugo, Viveiro e Monforte, a Deputación ofrece a todas as PEMES e autónomos da provincia asesoramento individualizado e gratuíto para mellorar os seus negocios a través das novas tecnoloxías.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



