A Xunta Directa da Asociación de Veciños do burgo de Trasbar convoca a sesión ordinaria da Asemblea de socios que se celebrará o domingo 25 de xaneiro do 2015 ás 11.30 horas en primeira convocatoria e a segunda convocatoria ás 12.00 horas no local social de Trasbar. A orde do día recolle a aprobación das actas das xuntanzas anteriores, se procede; a aprobación do estado de contas, se procede; a memoria de actividades ano 2014; o adianto de actividades ano 2015 e rogos e preguntas. Despois, haberá churrascada para todos os interesados que se inscriban antes do mércores 21 de xaneiro avisando ós membros da directiva ou a través do enderezo burgodetrasbar@yahoo.es.






















Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



