O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou hoxe os “retrasos inadmisibles” por parte da Xunta de Galicia para que a provincia de Lugo conte finalmente cos servizos sanitarios básicos de Hemodinámica 24 horas, Medicina Nuclear e Radioterapia, logo de que o Goberno de Núñez Feijóo anunciara este luns, novamente, a súa posta en marcha no hospital lucense.
“Os anuncios da Xunta de Galicia non son máis que un intento do Partido Popular de xustificarse por un retraso inadmisible nos últimos catro anos, do cal é responsable quen dirixe a Xunta de Galicia, que foi quen comprometeu aquí en Lugo prazos que non cumpriu. Está claro que unha cousa é o que din e outra ben distinta o que fan”.
Á vista destes sucesivos anuncios, Gómez Besteiro denunciou a falta de interese do Goberno de Núñez Feijóo porque os lucenses conten con eses servizos porque, de ser así, decisións “que poden ser inmediatas”, como una unidade de Hemodinámica en funcionamento as 24 horas, e non en horario de 8 a 15 horas como o está a facer na actualidade, “non teñen intención ningunha de tomalas”.
O Presidente destacou que o problema é que a Xunta de Galicia fai anuncios deste tipo porque “están recibindo moita presión por parte dos cidadáns, xa que ninguén entende por que ese hospital grande non é un gran hospital, en clave de ter os servizos de Medicina Nuclear e Radioterapia”, así como Hemodinámica 24 horas.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



