O concelleiro non adscrito da Corporación Municipal de Foz, Jaime Cancio, presenta unha moción instando ao goberno local á realización dun informe técnico sobre o estado en que se atopan as vías e terreos municipais, ademais dos terreos privados, afectados polas obras do gaseoducto.
Cancio cre que “poden ter consecuencias en vías e fontes públicas ou coa delimitación das propiedades”. Por iso, “estando case ó remate das obras” cre necesario “esixir e reclamar á empresa correspondente a solución das deficiencias en numerosas vías e canais de auga”. O concelleiro pide que o Concello actúe para que a empresa “repoña ao seu estado inicial estes canais”.