O domingo 25 de xaneiro de 2015 o Club de Remo Celeiro-ACD PENALBA acudiu ao Campionato Galego de remoergómetro celebrado no pavillón da Malata en Ferrol con 9 deportistas dirixidos por Pablo Piñeiro Rey nas categorías alevín, infantil, senior e veterano.
María Luz Iglesias Martínez e Hugo Timiraos Gómez obtiveron dúas medallas para a expedición chilindrina: ouro en categoría veterano feminino e bronce en categoría alevín masculino, respectivamente.