Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2014.- O Partido Popular de Galicia elixiu ao secretario xeral da formación, Alfonso Rueda, como coordinador de campaña de cara as eleccións municipais de maio.
Así o confirmaba o propio número dous do partido trala xuntanza do comité de dirección autonómico. Ademais, informou de que, como novidade, o equipo contará concatro persoas, alcaldes de pequenos concellos e vilas media de Galicia, que serán o mellor enlace do partido coa realidade municipal. Estas persoas serán a alcaldesa de Lobios, Mari Carmen Yáñez, o de Burela, José María González Barcia, a de Melide, Ángeles Vázquez, e a de Marín, María Ramallo.
Por outra banda, Rueda lembrou que o PPdeG leva tempo traballando na elaboración dun programa marco que sirva como complemento ao programa xeral do PP nacional e ao programa de proximidade que presentará cada candidato nos concellos nos que se presenten.
Ese documento, redactado polo equipo do coordinador do programa electoral, Pedro Puy, encóntrase na súa fase final de elaboración. Neste senso, o dirixente popular fixo fincapé en que o partido apostará pola unidade de mensaxe como imaxe de marca.
No relativo aos candidatos, o dirixente popular lembrou que os das catro capitais de provincia serán designados polo Comité Electoral Nacional, unha vez escoitada a proposta do PPdeG. Os cabezas de lista do resto de grandes cidades designaranse polo Comité Electoral de Galicia, escoitadas tamén as propostas do partido nas provincias de A Coruña e Pontevedra.
O número dous dos populares galegos informou de que trala Convención nacional do partido, o PPdeG comunicará as súas propostas para encabezar as súas candidaturas nas sete grandes cidades de Galicia, en coordinación sempre coa dirección nacional do partido.


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



