Cervo, 20 de xaneiro de 2015.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fixo este martes unha valoración da reunión mantida o luns en Santiago de Compostela á que acudiron representantes da Xunta de Galicia, das diferentes asociacións de apicultores e el mesmo en calidade de vicepresidente da Fegamp. Unha xuntanza que Villares cualifica de “moi positiva”, xa que nela se abordaron os traballos que levan feito administración e apicultores para reducir o impacto da vespa velutina en Galicia e se analizaron os resultados das medidas adoptadas ata o de agora.
O rexedor explica que na reunión déronse datos sobre a situación actual en relación á avespa asiática, tanto en Galicia, onde leva instalada preto de dous anos, como noutras comunidades como Euskadi, ou outros países como Francia. En todos os casos “a loita contra a velutina non está sendo fácil, pero temos que seguir traballando para reducir todo o posible as consecuencias para os nosos produtores”. A situación de Euskadi ou Francia é bo exemplo das dificultades que existen para frear a expansión desta especie invasora. En ambos lugares leva asentada uns dez anos e neste tempo foi imposible erradicala.
Do mesmo xeito, o alcalde destaca a “boa disposición da Xunta e tamén do sector apícola para traballar de forma conxunta para reducir o impacto da avespa asiática, e tamén para estudar e buscar novas medidas que sirvan de complemento aos protocolos que está aplicando o Goberno galego”. Villares agradece á Xunta “os medios que está destinando” e lembra que na reunión de onte a administración autonómica anunciou que entregará máis trampas e atraentes coincidindo coa etapa de renovación da vespa velutina, que recupera a súa actividade nos meses de febreiro e marzo creando novos niños.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



