O Goberno provincial defenderá no Pleno deste martes unha moción na que esixe a Feijóo e Rajoy que cumpran coas 65 peticións de investimentos e medidas concretas que lles fixeron os lucenses durante a elaboración dos Orzamentos Participativos da Deputación. Así o avanzaron este luns en rolda de prensa os deputados de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, e de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, que, xunto ao Presidente, José Ramón Gómez Besteiro, percorreron o pasado ano a provincia para coñecer as prioridades e demandas dos lucenses co fin de incorporar as que son de competencia provincial aos presupostos do organismo lugués para este 2015, e de reclamar as restantes ante as administracións que teñen as competencias.
“Tanto nas xuntanzas participativas, como a través da páxina web, recibimos numerosas peticións que son competencia doutras administracións, sobre todo da Xunta de Galicia e do Goberno central, pero non por iso as deixaremos de atender. Non permitiremos que caian en saco roto”, subliñou o Deputado de Cooperación. Con tal fin, o Goberno provincial levará ao Pleno ordinario convocado para mañá unha proposta con tres puntos:
– Esixir á Xunta e ao Goberno do Estado que sexan sensibles ás demandas dos cidadáns da provincia e que proxecten, financien e executen as peticións que expresaron no proceso de elaboración dos Orzamentos Participativos da Deputación
– Darlle traslado destas propostas ao Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e ao da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, así como aos Concellos
– E enviar copia das peticións ao subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, e á delegada da Xunta na provincia, Raquel Arias.
“Aínda que non teñen Orzamentos Participativos como a Deputación, queremos que Xunta e Goberno do Estado coñezan de primeira man as propostas e inquietudes dos lucenses, e que as teñan en conta e as incorporen á súa acción política”, asegurou Álvaro Santos.
Trátase de 65 propostas, formuladas por veciños a título individual, ou ben por asociacións. Delas 54 son de competencia autonómica, e 11, de responsabilidade estatal.
Que piden os lucenses
Tal e como precisou o Deputado de Cooperación, entre outras cuestións, os lucenses reclámanlle á Xunta que dote canto antes ao Hospital de Lugo de Radioterapia, Medicina Nuclear e Hemodinámica as 24 horas; residencias públicas da terceira idade na comarca de Lugo, en Becerreá e en Mondoñedo; un plan urxente para poñer en valor o antigo Hospital Xeral; plans de impulso do Camiño de Santiago, e que declare oficial o Camiño de Inverno; que remate os corredores da Costa e de Monforte, o Plan Paradai de Lugo, e a Rolda Leste; e que aposte economicamente polo rural adecuando a Lei de Montes á realidade galega, potenciando a biomasa e o sector forestal, as cooperativas agrarias e gandeiras, e os produtos agroecolóxicos.
Polo que respecta ás demandas dirixidas ao Goberno de Rajoy, refírense sobre todo a infraestruturas. Os lucenses piden as autovías a Santiago e Ourense, a mellor sinalización e seguridade da A-8 ou a estación intermodal de Lugo.
Con esta moción plenaria, “seguimos cumprindo os compromisos que adquirimos cos máis de 55.000 veciños da provincia que deron a súa opinión para elaborar os Orzamentos Participativos deste 2015, os primeiros dunha Deputación en España”, recalcou Álvaro Santos. A iniciativa ten lugar “despois de arrancar xa cos 17 primeiros proxectos provinciais froito deste proceso de participación” e despois de “responder a todos os lucenses que participaron no proceso, aos que contestamos punto por punto a cada unha das súas propostas de xeito argumentado, tal e como establecen as bases dos propios Orzamentos Participativos; tal e como lles prometemos dende o primeiro momento aos veciños; e tal e como esixen as prácticas democráticas. Cando un veciño se dirixe a unha administración pública, esta debe contestarlle en tempo e forma”.
Unha mostra da parálise do Goberno Feijóo
Para o Goberno provincial, “o feito de que teñamos recibido un número tan alto de propostas que por Lei son competencia do Goberno autonómico significa, por un lado, que a Xunta ten moito que facer en Lugo e, por outro, que os lucenses xa non identifican ao Goberno galego como unha administración que lles soluciona os seus problemas, polo que teñen que instar á Deputación a que interceda para desbloquear a parálise do Goberno de Núñez Feijóo”, afirmou a Deputada de Economía.
Coa moción de mañá, engadiu, “non só lle queremos facer chegar a Feijóo e Rajoy as peticións veciñais pola vía administrativa, senón que implicamos a todos os grupos políticos nestas reivindicacións para darlles máis forza, utilizando para elo a canle política da que dispoñemos e a través da que representamos aos lucenses: o Pleno da Corporación”.
“Esperamos que o PP por fin se comprometa”
Así mesmo, a Deputada dixo confiar en que o Grupo Provincial do Partido Popular “se comprometa por fin cos Orzamentos Participativos, deixe de dicir disparates sobre este proceso pioneiro de participación cidadá, e apoie esta proposta do Goberno”. “Esperamos que poña dunha vez os intereses dos lucenses por riba dos intereses de partido, pois, lamentablemente, nestes últimos anos, vimos día tras día como o PP se comportou na Deputación como unha mera sucursal da Xunta de Galicia, sen defender as necesidades e prioridades dos lucenses, senón as marcadas por Feijóo”, asegurou.
As peticións que fixeron os veciños nos Orzamentos Participativos son peticións “sen cores políticas, sen corte partidista; emanan da vontade popular dos veciños da provincia de Lugo, e merecen ser apoiadas por todos os grupos da Corporación Provincial”, recalcou García Porto.
O Executivo provincial tamén confía en que, ao igual que a Deputación estudou tecnicamente e contestou a todas e cada unha das propostas veciñais, a Xunta e o Estado fagan o mesmo, “e nos remitan una contestación argumentada para, á súa vez, facerlla chegar aos veciños e asociacións que as plantexaron”.




















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



