Cervo, 21 de xaneiro de 2015.- Os socialistas de Cervo lamentan que os veciños da Rúa Concepción Arenal teñan que facer público unha vez máis o estado de abandono no que se encontra esta zona de San Cibrao, “é lamentable que o Concello poida manter así esta rúa, cando é un dos puntos neurálxicos para as compras dos veciños da vila de San Cibrao e do resto do concello por estar aquí o supermercado. Ó longo da estrada hai fochancas de grandes dimensións e nas aceras, áreas de aparcamento e no firme existen varias zonas onde a auga apoza con moita facilidade”.
“Pedimos por cuarta vez en dous anos que tomen medidas en canto a este asunto. Levamos así anos e o señor alcalde, Alfonso Villares, e o seu equipo de goberno seguen pasando do tema como o primeiro día poñendo de manifesto, coma sempre, a súa pasividade e deixadez habitual”, engadiron.
Os membros do Grupo Municipal Socialista lembran que “comezamos a insitir nesta problemática hai dous anos. Polo mes de febreiro de 2013 trasladamos ós medios de comunicación as queixas que nos transmitían diariamente os veciños. O único que fixeron foi facer acto de presencia no lugar, ordenar un lavado de cara que incluso empeorou a situación e ós dous días seguíamos tendo o mesmo problema”.
Dende o goberno municipal chegaron a recoñecer abertamente a necesidade deste arranxo e aseguraron que estaban traballando no asunto, “pero é que levan co mesmo discurso dende o ano 2009 no que xa anunciaron esta obra. Estamos finalizando xaneiro de 2015 e a rúa está anegada de auga porque non se preocuparon nin o máis mínimo en todo este tempo de plantexar unha solución definitiva”.
Os socialistas aseguran que “as declaracións do goberno cervense do Partido Popular non son máis cunha burla directa cara ós nosos veciños, unha auténtica falta de respecto que demostra unha vez máis o pouco compromiso que teñen os membros do PP co noso concello”.
Por todo, ademais de esixirlle ó equipo do Partido Popular “a máxima urxencia no arranxo desta situación”, pregúntanlle cales son os criterios que manteñen para reparar certas vías e outras non “esta zona non só é usada polos habitantes da rúa senón que é transitada, e moito, por tódolos veciños de San Cibrao e Cervo e incluso tamén veciños doutros concellos, traballadores de Alcoa e familiares que gozan de descontos neste supermercado. Na Veiga só quedan duas rúas sen cambio de beirarrúas e reposición de firme e non entendemos o porqué. É vergoñento que certas zonas da vila se atopen así e o equipo de goberno non mova un dedo para dar solución ó día a día dos seus veciños”.
Rematan pedindo que “cumpran coas súas promesas e fagan as actuacións necesarias para o completo arranxo desta rúa dunha vez por todas, pois é o punto comercial alimenticio por excelencia para os veciños, non só de San Cibrao, se non de todo o Concello. Dá pena ver día sí día tamén todo inundado de auga, sobre todo, en época de choiva como na que estamos”.



















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



