11/01/2015.- O partido socialista de Foz e o seu candidato á alcaldía Jaime Cancio reuníronse cos veciños de santa Cecilia dentro da rolda de charlas informativas que están a manter as últimas semanas en todas as parroquias de Foz.
O obxectivo da reunión, explicou o PSOE, é manter unha charla sobre a actualidade municipal, expoñer as liñas xenerais dun proxecto de cara a mellorar os problemas reais da xente, por que, cremos que con Jaime Cancio na alcaldía outra maneira distinta de gobernar sería posible pero sobre todo que os veciños nos manifesten tanto as súas peticións coma as súas queixas
“Neste sentido, as principais reclamacións veciñais centráronse en solicitar un maior coidado do estado das cunetas e do firme das pistas, que consideran se encontran en total estado de abandono, moitas delas afectadas pola extracción de madeira, non encontrando “lóxico” que o alcalde non se aplique a ordenanza existente a tal fin” explica Jaime Cancio.
Por outro lado, os veciños de Santa Cecilia mostraron a súa queixa pola política de aforro enerxético que se está a levar a cabo dende o Concello baseada unicamente en apagar farolas. Aseguraron que temen “accidentes e inseguridade pola deficiente iluminación nalgunhas zonas”. Entre elas e como puidemos comprobar “in situ” están os arredores do Centro Social, escuros como a boca do lobo.
A próxima reunión celebrarase o martes 13 de xaneiro coa asociación e veciños do barrio de Forxán. Será ás 20.00 horas na escola do devandito barrio.