Ribadeo, 9 de xaneiro de 2015. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos estudará a apertura do proceso de información pública do anteproxecto de decreto do plan de conservación do monumento natural da praia de As Catedrais “para ver si tivéronse en conta algunhas das alegacións que presentamos na primeira fase, para ter coñecemento a fondo de que como se pretende levar a cabo ese plan e de que forma afectaríalle ao sector hostaleiro e ao comercio limitar a menos de 5.000 visitas diarias o acceso ó areal do 15 de xuño ao 15 de setembro”. Desde a directiva de Acisa recoñecen que “o asunto é delicado e complicado, por iso é polo que prefiramos analizar ao detalle ese anteproxecto”.
Acisa remitiu o pasado mes de outubro un escrito á Dirección Xeral de Conservación da Natureza no que reclamaba un estudo económico, social e turístico dentro do plan de conservación da praia de As Catedrais. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo pedía que se tivese en conta que “o motor actual da economía da localidade é o turismo, e xunto a el o sector terciario, ó que representamos”.
No escrito que Acisa presentou á Dirección Xeral de Conservación da Natureza aludíase tamén á conservación do monumento natural e á divulgación dos seus valores naturais, xeolóxicos, culturais e paisaxísticos: “solicitamos que se teña en conta a todas as administracións implicadas (estatal, autonómica, provincial e local) e que inclúan á nosa asociación como un dos axentes de referencia na elaboración o plan definitivo, xa que representamos á maioría dos empresarios do municipio, e consideramos que somos parte implicada e afectada pola regulación do areal”.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



