O restaurante A Dourada do Cantábrico celebra San Valentín organizando unha cea especial o sábado 14 de febreiro. O menú estará composto por: croquetas de mexillón, vieiras ao forno, lombo de pescada en salsa verde, cachopín de solombo e corazón de biscoito de chocolate. Todo iso acompañado de viños ribeiro Grande Alanís e rioja Ramón Bilbao, café e licores. O prezo por parella será de 50 euros e as reservas poderán realizarse antes do xoves, 12 de febreiro, no teléfono 982 12 96 08 ou a través do correo electrónico dorada1998@gmail.com. Dende A Dorada do Cantábrico animan “a todas as parellas a celebrar un día tan especial, gozando dun menú coidadosamente elaborado a base de produtos de primeira calidade e moi vinculados con esta terra,”. O restaurante está situado na rúa Virxe do Camiño de Ribadeo e conta dende 1998 cunha ampla experiencia na elaboración de carnes do país e pescados e mariscos do Cantábrico.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



