Ribadeo, 22 de xaneiro de 2015.- A Asociación Cultural Casa das Letras, dentro da súa programación anual, organiza para o vindeiro venres 23 de xaneiro, as 20:30 h, unha CHARLA-COLOQUIO.
Baixo o título xenérico de O Pazo de Tovar e o Condado de Ribadeo, Carlos Andrés González Paz (investigador do INSTITUTO PADRE SARMIENTO) e José Ventoso Iglesias (actual propietario do Pazo de Tovar) achegarannos á figura de Antonio de Tovar, administrador do Condado de Ribadeo, titular da Torre de Cedofeita e señor do Pazo de Tovar.
Este acto terá lugar no Salon de Actos da Casa das Letras de Ribadeo.
Carlos Andrés González Paz cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou con grao en Humanidades, especialidade de Historia Medieval, ampliando a súa formación como historiador medievalista na Universidade do Porto (Portugal). Actualmente é titulado superior de actividades técnicas e profesionais no Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento”, centro mixto de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Xunta de Galicia, radicado en Santiago de Compostela.
Nos últimos anos sobresaen entre as súas liñas de investigación: A) O estudo das peregrinacións jacobeas e jerosolimitanas durante a Idade Media, dedicando unha especial atención á presenza das mulleres no Camiño de Santiago. B) A análise do papel das mulleres na historia social de Galicia, aplicando un criterio cronolóxico transversal. C) O patrimonio cultural material galego, fundamentalmente determinadas edificacións de poder como castelos ou pazos.
Entre a súa máis recente produción científica poderíase salientar a publicación, como editor responsable, das seguintes monografías:
El Pazo de Tovar: espacios, perspectivas, tiempos. Monografía núm. 12 de Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: CSIC, 2012.
Escritoras na Galicia do século XIX. Monografía núm. 13 de Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: CSIC, 2014.
Women and Pilgrimage in Medieval Galicia. Farham, Surrey: Ashgate, 2015.
De igual modo, brevemente, do seu currículo vítae poderíanse referir outros elementos significativos como: A) A participación, e en ocasións coordinación, en varios proxectos de investigación logrados en convocatorias autonómicas, nacionais e europeas. B) A realización de estanzas en centros de investigación de países como Hungría, Portugal ou Francia. C) A presentación de máis dunha sexentena de comunicacións, relatorios ou seminarios en foros nacionais e internacionais. D) A publicación de artigos e capítulos en revistas e obras de autoría colectiva españolas e estranxeiras.
José Ventoso Iglesias é o actual titular do Pazo de Tovar. Esta impoñente edificación palaciana érguese mayestática no corazón das feraces terras do Val de Lourenzá, transformada en insigne testemuño dun glorioso pasado, evocado dende un presente renacido das súas cinzas históricas, nunha epopea narrada a través da linguaxe secreta das súas pedras centenarias, camiñando con paso firme e decidido cara a un futuro que se acha en pleno proceso de escritura.
Dotado de especial protección patrimonial dende o 22 de abril de 1949, e inscrito no rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura o 17 de outubro de 1994, este singular e evocador monumento encóntrase situado no lugar do Pacio de Tovar, na parroquia de San Tomé de Lourenzá, pertencente ao termo municipal de Lourenzá.
Nos últimos douscentos anos a historia do Pazo de Tovar e a historia da familia de José Ventoso Iglesias entrecrúzanse, líganse, conxúganse, fusiónanse e harmonizan ata identificarse nun mesmo, único e íntimo relato de realidade, vida e sono, de superación e valentía, de pequenas derrotas esquecidas e grandes vitorias recordadas nos seus anais particulares.
José Ventoso Iglesias é un home dotado de firme arraigamento e especial querencia á súa terra, ás súas orixes e ás súas xentes, representante dunha recia estirpe de arrendatarios históricos que no ano 2006 lograba adquirir, con moito tesón e máis esforzo e sacrificio compartido, a propiedade do seu ancestral fogar, a titularidade do insigne Pazo de Tovar, paradigma do estilo gótico-isabelino en Galicia.
E dende ese transcendental acontecemento persoal e familiar, sobre todo dende o ano 2010, José Ventoso Iglesias é un home dotado dunha inquebrantable crenza nun proxecto xeneroso e desprendido: a rehabilitación, recuperación funcional e transformación do Pazo de Tovar nun elemento de patrimonio vivo, aberto e accesible -trátase dun monumento visitable, onde se realizan visitas guiadas, e en cuxas instalacións se encontra o “Centro de Interpretación da Cultura dos Pazos en Galicia”; nun centro cultural cheo de crecente dinamismo; nun punto de encontro interxeracional; nun especial foro de diálogo entre historia, ser humano e paisaxe.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



