Ribadeo, 22 de xaneiro de 2015.- #Ribadeoxqsí é o slogan da campaña de promoción turística que o Concello presentará en Madrid coincidindo coa Feira Internacional de Turismo, que dará comezo o vindeiro mércores, 28 de xaneiro.
Na Casa de Galicia terá lugar o acto principal o día 29 ás 20 horas. Alí presentarase a páxina web de Turismo, o novo vídeo de promoción de Ribadeo e a campaña coa que Ribadeo se presenta vivo na rede. Ana Martínez, a concelleira de Turismo, sinala que “aproveitando o tirón mediático no que se atopa na actualidade inmerso Ribadeo, e con motivo da celebración dunha das feiras máis importantes a nivel mundial: Fitur 2015, Ribadeo presentarase ao mundo coma destino turístico con entidade propia e firme, un destino moderno, dinámico e actual, pero sempre tendo en conta a súa tradición e o seu forte vínculo co mar coma potencia comercio-martítima que foi”.
O acto estará aberto a todo o público que queira asistir a esta posta de largo de #Ribadeoxqsí, “ademais de a ribadenses que viven en Madrid, a empresarios vinculados con esta terra, a xornalistas, a amantes de Ribadeo”. Os asistentes terán a oportunidade de participar nun photocall para despois compartilo nas redes sociais.
Establecementos hostaleiros de Ribadeo, Casa Pepe, La Solana e O Cabazo, serán os encargados de ofrecer un pequeno cóctel aos asistentes no hall da Casa de Galicia. Ana Martínez explica que “durante ese photocall os invitados poderán sacarse fotos posando con imaxes típicas de Ribadeo e que representen o Ribadeo natural, cultural, vivo e próximo”.
A delegación do Concello de Ribadeo, que viaxará a vindeira semana a Madrid, estará en Fitur os días 28, 29 e 30 mantendo xuntanzas, entre outros, “con compañías que operan nos aeroportos de Avilés e A Coruña, os máis próximos a nós, para coñecer con qué turoperadores traballan e así ofrecerlles Ribadeo como destino a visitar. Por primeira vez, a delegación de Turismo do Concello de Ribadeo estará presente en Fitur cunha axenda de traballo, temos planificadas diferentes reunións con distintas empresas e organizacións que permitan mellorar a competitividade do destino de Ribadeo así como promover o turismo de proximidade e de grupos. Tamén acompañaremos aos empresarios de Ribadeo que acudan a esta cita nas primeiras reunións de traballo que manteñan na feira, co obxectivo de axudarlles a conseguir efectividade e resultados comerciais favorables para os seus establecementos”.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



