Cervo, 7 de xaneiro de 2015- O Concello de Cervo presentou este mércores os Pasatempos de Inverno 2015, que inclúen as actividades para os meses de xaneiro, febreiro e marzo. Desta maneira, o goberno local consolida a súa aposta por dar a coñecer a programación de eventos a través dun díptico útil e manexable, que chega cada trimestre aos fogares dos veciños e que inclúe os actos de interese, tanto os organizados polo Concello como aqueles postos en marcha polas asociacións e cos que tamén colabora.
Neles cabe destacar tres importantes eventos, como son o Entroido (desfiles o 15 de febreiro en Cervo, o 17 en San Ciprián e o 21 en San Román), a XXIV Festa do Ourizo (21 de marzo) e o XII Encontro de Palilleiras (28 de marzo).
Pero ademais, xunto a estas citas habituais dos primeiros meses do ano, pódense mencionar outras actividades de continuidade, que se veñen celebrando de forma tradicional nos últimos tempos, como é o caso da Ocioteca, os Encontros Abertos de Música para Mozos, Recordando contos de onte, o programa Agarimos ou os actos polo día da Muller Traballadora.
Entre as novidades podemos atopar un curso de maquillaxe de Entroido para mozos (febreiro), ou un Encontro de autocaravanas (do 20 ao 22 de febreiro). Sen esquecer diversos eventos culturais como é o caso da actuación da compañía de Teatro de Marionetas Trécola coa obra “Traxicomedia de Calixto e Celestino” (11 de xaneiro); o grupo Brétema do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro (6 de febreiro), a actuación da Big Band de Foz (13 de febreiro, coa colaboración dos Aventados); ou Dayami Andux e Daniel Adzemian cunha antoloxía da música hispanoamericana (7 de marzo).
Ao mesmo tempo, como é habitual, tamén se poden consultar aquelas actividades que organizan outras asociacións e que contan co apoio do Concello, como é o caso dos bailes de salón de ARAMA, os talleres de manualidades das Espalladoras ou a Ruta Medela MTB. Especial mención merece o Centenario da Escola de San Román (10 de xaneiro, 16 h.), que impulsa a Comunidade de Montes desa mesma parroquia no que se presentará o libro “O valor do noso”, escrito por Francisco Piñeiro sobre a historia de San Román e a propia escola, inaugurarase un busto de Manuel Candia, o filántropo local que financiara no 1915 a súa construción, e outros actos de homenaxe.
PASATEMPOS INVERNO 2015
TALLERES DE MEMORIA
Xaneiro, febreiro e marzo
Nas parroquias do concello
Información no Concello de Cervo ou na Casa do Mar
EXPOSICIÓN “RECUNCHOS DA MARIÑA”
Fotografías de Antonio Herrera
Ata o 30 de xaneiro na sala de exposicións da Casa da Cultura
Horario: de luns a venres de 9 a 13.30 h e de 17 a 20 h.
PROGRAMA AGARIMOS
Xaneiro, febreiro e marzo
Os martes e os xoves de 11.00 a 12.30 h
Casa do Mar
Para maiores de 65 anos. Inscrición na Casa do Mar.
PROGRAMA REPASANDO
Xaneiro, febreiro e marzo
Os luns e os mércores na Casa do Mar
Os martes e os xoves no Ecomuseo de Cervo
Ás 18.00 h.
MANUALIDADES
Xaneiro, febreiro e marzo
Os luns pintura e os mércores macramé
De 19.00 a 21.00 h na Escola de Castelo
As Espalladoras/Concello de Cervo
BAILES DE SALÓN
Xaneiro, febreiro e marzo
Xoves no Ecomuseo de Cervo
Iniciación: 21 h.
Continuidade: 22:30 h.
ARAMA/Concello de Cervo
FESTA ACUÁTICA INFANTIL
2 de xaneiro na piscina municipal de Lieiro
Ás 17 h.
CABALGATA DE REIS
San Ciprián
5 de xaneiro ás 18:30 h.
Saída do pavillón de deportes-Avda. da Veiga-Avda. Mariña-Pedregal-Ría-Casa da Cultura
Asociación Cultural Península da Paz/Concello de Cervo
Cervo
5 de xaneiro ás 19 h.
Saída Escolas Vellas-Salón de Plenos da Casa do Concello. Estrea teatral a cargo do grupo O Bordelo.
Airiños do Xunco/Concello de Cervo
CENTENARIO DA ESCOLA DE SAN ROMÁN
10 de xaneiro ás 16 h.
San Román de Vilaestrofe.
Presentación do libro “O valor do noso”, exposición de fotografía “Cen anos na memoria” e colocación dun busto de Manuel Candia.
Asociación de Montes de San Román
ACTUACIÓN “TRÉCOLA”
11 de xaneiro no Auditorio da Casa da Cultura.
Ás 18.30 h
Actuación do grupo de monicreques TRÉCOLA, coa obra “Traxicomedia de Calixto e Celestino”.
OCIOTECA
17, 24 e 31 de xaneiro
7, 14, 21 e 28 de febreiro
7, 14 e 21 de marzo
Na Casa do Mar
Infantil: De 11 a 12.30 h.
Primaria: De 12.30 a 14 h.
ENCONTROS ABERTOS DE MÚSICA PARA MOZOS
17 e 31 de xaneiro
7 e 21 de febreiro
14 e 21 de marzo
De 20.00 a 22.00 h
Na Casa do Mar
ACTUACIÓN “+TANGO”
24 de xaneiro no Auditorio da Casa da Cultura
Ás 20 h.
Concello de Cervo/ Aventados
RECORDANDO CONTOS DE ONTE
29 de xaneiro na Casa do Mar
Ás 18 h.
Xuntanza lúdica para lembrar tempos de antes
FESTAS CANDELARIA EN RÚA
30 e 31 de xaneiro e 1 e 2 de febreiro
O día 2 haberá Misa cantada.
Comisión de festas de Rúa/Concello de Cervo
CURSO MAQUILLAXE PARA ENTROIDO
Febreiro, na Casa do Mar
Dirixido a persoas de 16 a 33 anos
Prazo de inscrición do 19 ao 30 de xaneiro na Casa do Mar
ACTUACIÓN GRUPO BRÉTEMA
6 de febreiro no Auditorio da Casa da Cultura
Ás 20 h.
Grupo Brétema do Conservatorio de Viveiro.
ACTUACIÓN BIG BAND
13 de febreiro no Auditorio da Casa da Cultura
Ás 20.00 h
Concello de Cervo/Aventados
CONCURSO “UN INSTAGRAM POR AMOR”
14 de febreiro ás 20 h.
Na Casa do Mar
As bases estarán dispoñibles na Casa do Mar a partir do 9 de febreiro. A entrega de premios será o día 14 de febreiro.
PLAYBACK INFANTIL DE ENTROIDO EN CERVO
14 de febreiro ás 18 h. no salón de plenos da Casa do Concello
Airiños do Xunco/Concello de Cervo
DESFILE DE ENTROIDO EN CERVO
15 de febreiro ás 18 h.
Saída dende o pavillón do colexio ata a Praza so Souto (se as condicións meteorolóxicas non son favorables, o desfile realizarase no pavillón)
Airiños do Xunco/Concello de Cervo
BAILE INFANTIL DE ENTROIDO EN SAN CIPRIÁN
16 de febreiro ás 18 h.
Casa do Mar
DESFILE E BAILE DE ENTROIDO EN SAN CIPRIÁN
17 de febreiro ás 17 h. na praza dos Campos
DESFILE E BAILE DE ENTROIDO EN SAN ROMÁN
21 de febreiro ás 22:30 h.
Pavillón de San Román
As Espalladoras/Concello de Cervo
ENCONTRO DE AUTOCARAVANAS
Do 20 ao 22 de febreiro en San Ciprián
Concello de Cervo/Asociación Galega de Autocaravanas
VI RUTA MEDELA MTB
1 de marzo ás 9:30 h.
Percorrido en mountain bike polo Concello de Cervo.
Saída de San Ciprián, pasando por Cervo, Sargadelos, Castelo e monte da Medela. A ruta remata en San Ciprián.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
7 de marzo na Casa do Mar.
Información dos actos a partir do día 23 de febreiro na Casa do Mar
ACTUACIÓN DAYAMI ANDUX E DANIEL ADZEMIAN
7 de marzo na Casa da Cultura
Ás 20.00 h
“Antoloxía da canción hispanoamericana.”
EXPOSICIÓN “COAS NOSAS MANS”
Inauguración o 9 de marzo na Casa da Cultura
No programa do XII Encontro de Palilleiras
Permanecerá aberta ata o 6 de abril.
CONCURSO DE POESÍA
10 de marzo
Concurso de poesía contra a discriminación dirixido a maiores de 12 anos (do IES en diante). As bases estarán dispoñibles a partir do 10 de marzo na Casa do Mar e no Concello de Cervo.
FESTA DO OURIZO
21 de marzo en San Ciprián
Xornadas técnicas, concurso de pratos e degustación de ourizo
Festa de Interese Turístico Galego
XII ENCONTRO DE PALILLEIRAS
28 de marzo no pavillón Municipal de Deportes da Veiga.
A partir das 10.30 h.
Venta de produtos artesáns. Sorteos.


























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



