FOZ, 14 DE XANEIRO DE 2015.- Os deputados autonómicos –Juan Carlos González Santín e José Ramón Val-, acompañados do deputado provincial –Alfredo Llano-, anunciaron este mércores que pedirán no Parlamento á Xunta de Galicia un plan de emerxencia para esta zona, co fin de que se creen novos postos de traballo e garantan os existentes, se free o despoboamento demográfico e se aseguren os servizos públicos básicos.
Deste xeito, os socialistas explicaron que presentarán esta nova iniciativa porque, tal e como recoñeceu Santín, “as cifras son realmente alarmantes e escalofriantes, e fan saltar todas as alarmas da grave situación que atravesa esta comarca”. E é que, por unha banda, “non só temos máis xente desempregada –algo que de por si só xa é preocupante, a pesares de que este mes se produxo unha mínima melloría- senón que, por riba, nos estamos quedando sen xente, de aí que o Grupo do PSOE na Cámara pida responsabilidades políticas á administración con competencias na materia que, na Comunidade, non é outra que a autonómica”, indicou.
Concretamente, solicitan novas actuacións que permitan a creación de novas oportunidades laborais. E é que, mentras en abril de 2009, data na que Feijóo tomou posesión como presidente da Xunta, a Mariña tiña 3.965 desempregados, hoxe esta cifra supera os 5.000 (5.049). Isto supón que, na actualidade, a comarca conte con 1.084 mariñanos máis no paro. O mesmo acontece co número de empresas, tal e como revelou José Ramón Val. Este deputado explicou que, se se ten en conta a mesma fonte, o Instituto Galego de Estatística (IGE), se pode comprobar que, dende que o Partido Popular dirixe a administración autonómica, se perderon preto de 200 empresas, 176 concretamente, pois de 5.142 en 2009 pasouse a 4.966 en 2013 (último ano contabilizado polo IGE).
“É dicir, que Feijóo conseguiu que cada exercicio que leva dirixindo a Xunta – e leva seis- se destruisen180 empregos por ano. Ou o que é o mesmo que, en seis anos, o paro aumentase na Mariña un 21,5%”. Por tanto, explicaron Santín e Val, “criticamos decididamente o triunfalismo económico deste Goberno que temos na Xunta, solicitándolle que incentive sectores produtivos, como a pesca, o agro ou o turismo, xa que nos Orzamentos deste ano son totalmente obviados”.
Mantemento de servizos públicos
Asimesmo, pedirán que se manteñan os servizos públicos, pois só deste modo se porá freo ao declive poboacional que acusa esta comarca. Proba delo é que, en 2009, a Mariña contaba con 73.896 cidadáns censados e, hoxe en día, con apenas 73.330. É dicir, que a poboación desta comarca descendeu un 1% e “Feijóo tampouco fixo nada para evitalo”, subliñou o secretario Provincial.
Neste senso, a través desta iniciativa, reclaman unha mellora na calidade asistencial do Hospital e dos centros de saúde da comarca; o mantemento das infraestruturas existentes e a execución doutras comprometidas en reiteradas ocasións, e que permitirán vertebrar a comarca coas provincias e comunidades limítrofes. É o caso da VAC, citou Val Alonso, que continúa “durmindo o sono dos xustos e continuará neste estado”, pois cos seis millóns consignados pouco se pode facer, xa que a obra está cifrada en 54 millóns, 9 veces máis do que a Xunta prevé investir este ano.
Asemade, tamén solicitan a mellora dos Servizos Sociais e a atención a menores. Hai que lembrar que as contas autonómicas non contemplan ningunha aportación para as residencias da terceira idade, máis alá dunha partida para a de Foz, que nin tan sequera vai a servir para rematala neste exercicio, e as listaxes nas escolas infantís dos concellos aumentan notablemente. Con respecto a este último servizo, a Xunta tampouco inclúe ningunha actuación para este fin.
En conclusión, trátase segundo indicaron, “de conseguir que se emenden estes seis anos nos que o Goberno de Feijóo, co apoio dos alcaldes do PP, non aportou ningún elemento esperanzador para este comarca, pois todos podemos ver como ningún é capaz de alzar a voz en defensa dos seus veciños para reclamar unha mellora de todos estes servizos”. Porén, solicitan ao Executivo galego e aos representantes do Partido Popular na Cámara “un exercicio de responsabilidade, pois a pesares de que estamos en período electoral e que de seguro nos virán a vender actuacións proximamente, é importante que a xente saiba cal é a realidade, e que, xa que o Goberno galego non é capaz de tomar a iniciativa, os socialistas, a través da nosa proposta, pretendemos darlle un impulso a esta comarca”, concluíu Val Alonso.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



