Fai un tempo que vexo ao candidato do PP de Viveiro, certamente inquedo, nervioso. Supoño que será pola proximidade das Eleccións Municipais. En condicións normais, recomendaríalle que tomase unha tila, pero neste caso, vendo o nerviosismo incipiente, e para calmalo un pouco, voulle pedir que faga tres chamadas, iso sí, a cobro revertido, para que non gaste, e o seu peto se atope relaxado.
A primeira chamada, sería á sede do PP en Madrid, rúa Génova. Nesta conferencia, recoméndolle que pida asesoramento sobre a expresión “pensa o ladrón que todos son da súa condición”, que fai uns días me dedicou, alí seguramente non falen de forma metafórica, e lle poidan indicar con claridade, que pensan os verdadeiros ladróns. Así mesmo, e falando de pactos (igual xa non se lembra e son eu o que está fora da realidade), pregunte tamén nesa chamada á rúa Génovapolo pacto PP-PSOE para reformar o art. 135 da súa venerada Constitución, con nocturnidade e alevosía, para santificar a débeda e beneficiar aos bancos deixando tiradas ás persoas. Cando lles interesa, vaia se se poñendacordo. Cando hai que parchear cunha man de chapa e pintura o muelle vello, tamén se poñen dacordo.
A segunda chamada, sería á sede da Xunta de Galicia en Compostela, pregúntelle ao Sr. Feijoo e aos seus Conselleiros, por varias cuestións de interese para o Concello. Pode comezar por preguntar onde está o PXOM de Viveiro paralizado por Patrimonio. Debería continuar indagando onde está o corredor ao seu paso por Viveiro e se teñen pensalo levalo adiante neste século. Tamén podes consultar cando Portos ten pensado facer un proxecto integral para o muelle vello, extinguir as concesións e demoler os galpóns, levantar as casetas do Porto Deportivo, ou reparar a zona da Praia de Celeiro. Así mesmo, pode preguntar, pola financiación da Xunta aos Servizos Sociais municipais, ao Conservatorio de Música, á UNED, etc. En definitiva, se se lembran onde está Viveiro.
A terceira chamada, sería ao verdadeiro xefe do PP de Viveiro, esta é máis cara, porque está máis lonxe, en Bulgaria. Pregúntelle, porque días despois de saír nós do goberno, nos ofreceron vostedes levar adiante unha moción de censura e un goberno conxunto para quitarlle o poder ao partido socialista(si, un bipartito, si!!). Algo estariamos facendo ben no goberno para que vostedes chegaran a semellante ofrecemento. Neste caso non lles importaba pactar con calquera, incluso co nós, co BNG. Pregúntelle, porque seguramente a vostede non o informaron destas cuestións.
Mire Sr. Bouza, as difamacións, mentiras e odios, non teñen cabida na miña forma de entender a política e a vida en xeral. Se nós quixeramos un pedazo da poltrona, ficariamos calados no ano de goberno conxunto co PSOE, en lugar de denunciar desde dentro, que a súa política económica nos levaba ao desastre, como así está sendo. Os socialistas retiráronnos as competencias, porque traballabamos máis e mellor que eles, con ilusión e ganas de cambiar Viveiro, e iso a eles en lugar de consideralo unha mellora para as veciñas e veciños, non o puideron soportar. Se tantas ansias de poder tiveramos, aceptariamos naquel momento a súa proposta de moción de censura, para voltar ao goberno.
Hai xente, sr. Bouza, que estamos en política, con vocación de servizo público, entendo que a vostedes, señores do PP, isto non lles entre na cabeza.
Bernardo Fraga
Portavoz Municipal do BNG de Viveiro

















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



