17 de febreiro de 2015.- O plan PROA (programas de reforzo, orientación e apoio) concibiuse como un proxecto de cooperación territorial entre as CCAA e o Ministerio de Educación para abordar as necesidades asociadas á contorna sociocultural do alumnado.
Estamos falando de equidade, esa característica que se define en educación como a capacidade de modificar a influencia da contorna socioeconómica nos resultados académicos e na que, segundo o informe PISA 2009 eramos un dos exemplos máis sobresaíntes da OCDE; esa mesma capacidade que, no informe PISA 2012, aparece como unha característica en declive ao respecto de anos anteriores, precisamente nos anos nos que o goberno e as políticas educativas cambiaron.
En Galicia a Consellería de Educación está a levar unha política de feitos que na práctica resulta ser unha desaparición das posibilidades de integración dos alumnos en situación de desigualdade; dito doutra maneira, a Xunta prefire que se perda o futuro dun neno antes de gastar na súa educación. En primeiro lugar, porque sitúa os programas de reforzo na área das accións voluntarias dos centros educativos, en segundo lugar, porque as necesidades do alumnado valóranse en función das dispoñibilidades económicas da consellería, sendo que as situacións que pretenden corrixir os programas de reforzo non son adiables, nin inabordábeis por cuestións económicas.
Sempre que nas ANPA falamos de Educación cos actuais representantes políticos, aparece entre as familias e a administración educativa unha discusión permanente sobre unha realidade que os responsables administrativos non queren comprender: unha nena ou un neno con necesidades especiais de atención, por cuestións socioeconómicas, culturais, físicas, psíquicas ou sensoriais, sexan permanentes ou conxunturais, conxénitas ou adquiridas, xeneralizábeis ou tremendamente particulares, en calquera caso, ten que ser axudado dende o primeiro momento, hai que lle pór á súa disposición os medios, as persoas, os materiais e os procedementos que permitan solucionar esas necesidades, porque ten dereito a ese apoio.
A clave está nese dereito, e iso é precisamente o que os responsables educativos negan sistematicamente, e non entenden, ou non queren entender, que dá igual cal sexa o custo, dá igual cales sexan as dispoñibilidades, dá igual que outros gastos haxa que deixar a un lado: é un neno e ten dereito preferente a unha educación que lle permita afrontar a súa vida como todos os demais.
Na Confederación de ANPAS GALEGAS témolo moi claro, e levamos tempo pelexando para que a igualdade nominal, e o dereito á equidade que temos aprobada polos Parlamentos todos, se converta nunha realidade práctica, en algo que poidamos ver e palpar, no apoio dende o que os nosos fillos e fillas teñan asegurado que poderán sacar adiante o mellor de si propios; porque para iso vivimos xuntos, para camiñar uns xunto aos outros e avanzar á vez.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



