Lugo, 17 de febreiro de 2015.- A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, esixiu este martes á Xunta de Galicia que dote ao Padroado de Sargadelos de “funcións reais”, e que o convoque cando menos unha vez ao ano para que cumpra “cos fins para os que foi creado e que ten atribuídos por Lei”. Méndez fixo estas propostas durante a reunión que o órgano mantivo esta mañá tendo en conta que, se ben están representados a adminitración galega, o organismo provincial e o Concello de Cervo, é a Xunta a que ten a responsabilidade sobre o seu funcionamento.
Segundo o artigo 3º do Decreto 17/1987, do 22 de xaneiro, polo que se reestrutura e se determinan as funcións do Padroado do conxunto histórico artístico de Sargadelos, as súas atribucións son as seguintes: “continuar co labor de recuperación e conservación do conxunto histórico artístico de Sargadelos; fomentar os estudos sargadelinos no centro cultural antes citado; e vixiar que o nome de Sargadelos non sexa utilizado para fins inadecuados ao seu espírito e significación”. Ningún destes obxectivos “se está a cumprir a día de hoxe porque o Padroado está totalmente paralizado”, destacou a Vicepresidenta.
Nos últimos 8 anos, o órgano soamente se reuniu en tres ocasións, dúas delas para cuestións “de mero trámite”, explicou Lara Méndez, relacionadas co mantemento da Casa da Administración, e unha, “a única en todo este tempo que tivo verdadeiro contido”, foi solicitada pola propia Deputación para abordar o futuro da fábrica de cerámica. Neste encontro, celebrado en decembro do 2013, chegouse a un acordo a tres bandas no que se instaba á Xunta, á Deputación e ao Concello de Cervo a impulsar iniciativas e ferramentas ao seu alcance para, en colaboración coa empresa e os traballadores, procurara a viabilidade da Cerámica de Sargadelos no municipio mariñano. Sen embargo, “de novo polo deixamento do Goberno de Feijóo non se materializou nin avanzou nada ao respecto”, asegurou a Vicepresidenta.
Esta inactividade “demostra unha vez máis a total desidia e falta de compromiso do Goberno galego coa provincia e o seu patrimonio cultural”, subliñou Méndez.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



