Santiago, 2 de febreiro de 2015.- A Xunta de Galicia levará a cabo este martes un novo exercicio de adestramento, que consiste nun simulacro de emerxencia no depósito de lodos vermellos que a empresa Alcoa Europe ten construído no concello de Xove.
Este Plan de Emerxencia Exterior (PEE) elaborouse para facer fronte ás posibles incidencias que se poidan presentar nos diques do depósito de lodos vermellos xerados no proceso de produción de alúmina a partir da bauxita. O Plan é un instrumento técnico que establece a organización e os procedementos de actuación que constitúen o sistema e dispositivo de resposta fronte a calquera incidencia no depósito.
Alcoa Europe está afectada polo Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión de residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e pola Instrución técnica complementaria do 8 de febreiro de 2001 para a elaboración de plans de emerxencia de diques mineiros.
Este simulacro, que aparece contemplado dentro do PEE, consistirá nun exercicio onde se activa o Plan coa participación dos diferentes grupos operativos, a empresa e as administracións públicas implicadas no caso dunha emerxencia. A realización deste exercicio permitirá mellorar a coordinación dos organismos participantes e que a poboación da zona afectada por un hipotético accidente, poda coñecer as pautas a seguir no caso de activación do Plan.
Durante este martes non soarán as sirenas de aviso á poboación e os veciños e veciñas da zona só percibirán unha maior presenza dos servizos de emerxencia e seguridade no entorno do depósito e nas proximidades da casa consistorial, onde estará instalado o Centro de Coordinación Operativa. Os veciños xa foron avisados por bando municipal e a súa actividade non se verá afectada en absoluto, polo que poderán continuar coas súa rutina.
Política de prevención
Desde a Xunta quérese destacar a importancia de apostar pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias, liña na que se enmarcan os plans de emerxencia exterior elaborados polo Goberno galego.
O obxectivo deste plan é ter preparada a resposta para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente que poda afectar as persoas e ao medio ambiente, establecéndose as medidas idóneas de protección a poboación, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos que podan intervir.
A realización dos simulacros permite a efectiva implantación dos plans e a súa mellora a través das experiencias obtidas no desenvolvemento dos mesmos. Por isto, a Xunta de Galicia apostou firmemente pola liña da realización deste tipo de actuacións, que se comezaron a desenvolver a finais do ano 2013, sendo o de hoxe o sétimo destas características que se desenvolve en Galicia.























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



